Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de xuño de 1997, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se notifica acordo de liquidación de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, período 1991, derivado de acta de inspección.

Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese a notificarlle a Mª Virginia Moreda García, con NIF 36077700-S, con último domicilio coñecido en r/ Sanxurxo Badía, nº 208, portal 1-2º E, Vigo.

Imposto: transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Periodo: 1991.

Concepto: acta de inspección número 1095.4, modelo A02, por importe de 1.174.616 pesetas, segundo o seguinte detalle:

Base impoñible: 8.850.000

Cota 6%: 531.000

Sanción 60 por 100: 318.600

Xuros de demora (1): 325.016

Total débeda tributaria: 1.174.616 pesetas.

(1) 1.408 días ó 12%: 245.802

495 días ó 11%: 79.214

Advertíndolle á contribuínte que contra esta liquidación pode interpoñer recurso de reposición perante este servicio de inspección, no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional da Coruña (secretaría delegada de Pontevedra) no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Pontevedra, 3 de xuño de 1997.

Ana Mª Cobián Salgado

Xefa do Servicio de Inspección Tributaria

de Pontevedra

4891