Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.066

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (487/1990).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 487/1990, por instancia de Banco Exterior de España, S.A., representado pola procuradora Regueiro Muñoz, contra David Luna Sila, María del Carmen Castro Taboada e Luna Servicios, S.A., nos cales se acordou sacar a pública poxa, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 5 de setembro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 42.000.000 de pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 6 de outubro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 6 de novembro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, cantidade que se calculará na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0487/90, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificantes rexistrais, que figuran nos autos, de

manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen poder esixir ningún outro e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pedise o acredor ata o último momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde destas.

Undécima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

1. Predio no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Marrozos, terreo a labradío, no lugar coñecido por Agra de Vigo, de 11 áreas e 18 centiáreas. Linda: norte, Eugenio Nieto; sur e leste, camiño; oeste, herdeiros de Antonio Sánchez.

2. No mesmo lugar, predio chamado Patencia, a labradío, dunha superficie de 11 áreas e 5 centiáreas, equivalentes a 45 cuartillos. Linda: norte, herdeiros de Manuel Pereiro; sur, David Luna Silva; leste, muro e camiño de carro; e oeste, muro que o sostén e separa de herdeiros de Dolores Nieves Novio e outros.

3. No mesmo lugar, labradío denominado Chousa, de 25 áreas e 8 centiáreas, equivalentes a 96 cuartillos. Linda: norte, muro do predio de Rosalía Addjuar e outros; sur, muro; leste, vía férrea e oeste, labradío chamado Tarreo.

O valor calculado da edificación coa parcela é de 42.000.000 de pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o vinteún de maio de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

3538