Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.067

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (413/1992).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cuatro de Santiago de Compostela, fago saber, que neste xulgado do meu cargo se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, rexistrado baixo o número 413/1992, sobre declaración de herdeiros ab-intestato de Manuel Rivademar Pérez, tramitado por instancia de Carmen Rivademar Pérez, e no seu escrito inicial faise constar: a) que Manuel Rivademar Pérez faleceu por enfermidade común no Hospital Xeral de Galicia de Santiago de Compostela, sen outorgar testamento nin ningún acto de última vontade, con data do 21 de xullo de 1989. b) Que o dito causante só deixou ó morrer, como herdeiros máis próximos, ós seus irmáns, Carmen Rivademar Pérez, Ramón Rivademar Pérez e María Esther Rivademar Pérez, ó falecer en estado de solteiría e sen descendencia. c) Que o dito causante nacera na Pobra do Caramiñal (A Coruña) o día 7 de xullo de 1923 e que tivo o seu domicilio no da promovente, Carmen

Rivademar Pérez, ata o seu falecemento; e polo presente edicto faise sabe-la existencia do mencionado expediente co obxecto de que comparezan perante este xulgado dentro do prazo de trinta días, contados a partir da súa publicación ou fixación, as persoas que tivesen interese nel e se crean con igual ou mellor dereito para reclama-la herdanza.

Dado en Santiago de Compostela, vintenove de xuño de mil novecentos noventa e catro.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

4392