Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.056

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Plásticos Camypor, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Plásticos Camypor, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-4-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data do 10-2-1997. De conformidad co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación de provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de maio de 1997.

Antonio Coello Buffil

Delegado provincial de Vigo

Convenio Plásticos Camypor, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afecta a tódolos traballadores da empresa Plásticos Camypor, S.L., dedi

cada á fabricación de tubos para a conducción de fluídos, negociado no marco do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O establecido no presente convenio colectivo afectará a todo o persoal da empresa e a tódalas persoas que se incorporen a traballar na citada sociedade no tempo de vixencia do convenio.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, aínda que os seus efectos económicos terán efecto desde o 1 de xaneiro de 1996. Este convenio asínase para os anos 1996, 1997 e 1998, data na que se considerará prorrogado por anos naturais, se non mediase denuncia en prazo e forma establecidos.

Artigo 4º.-Garantías persoais.

Respectaranse as condicións económicas que sexan superiores ás establecidas neste convenio, a título persoal.

Artigo 5º.-Organización do traballo.

A organización do traballo correspóndelle só á dirección da empresa, dentro da lexislación vixente.

O seu obxectivo é acadar un nivel óptimo de productividade, que poderá ser realidade cando se empregue unha boa actitude e responsabilidade, de empresa e traballadores.

Os representantes dos traballadores terán funcións de orientación propostas, emisión de informes, etc., no que se relaciona coa organización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 6º.-Persoal contratado.

Os traballadores contratados por tempo determinado terán, durante a vixencia do seu contrato, os mesmos dereitos e igualdade de trato cós demais traballadores do cadro de persoal. Co aviso previo de remate de contrato, xuntarase proposta de liquidación. Tódolos contratos temporais, ó seu remate, terán dereito á indemnización que estableza a lexislación vixente.

Artigo 7º.-Información de contratos.

A dirección da empresa informará no prazo de tres días ós representantes legais dos traballadores, dos contratos realizados por escrito, notificando tódolos datos relativos ás súas condicións laborais, coa soa excepción dos referidos á súa intimidade persoal.

Entregaráselles ós representantes legais dos traballadores, no prazo de 12 días, unha copia íntegra de tódolos contratos de traballo, modificacións ou prórrogas destes.

Artigo 8º.-Réxime salarial.

O salario para 1996, 1997 e 1998 é o establecido nas follas que se xuntan a esta plataforma, tendo en conta o grupo ó que se pertence.

Artigo 9º.-Antigüidade.

A antigüidade queda conxelada na cantidade percibida mensualmente por cada traballador, na data 1 de xaneiro de 1996.

A partir desa data, a antigüidade rexerase polas seguintes cantidades de carácter anual.

Trienio: 13.050.

Quinquenio: 26.100.

A data de cómputo das antigüidades seguirá o seu curso actual.

Artigo 10º.-Pluses.

1. Plus de nocturnidade: a contía deste plus será de 1.000 pesetas por día traballado en quenda de noite.

2. Plus de transportes: inclúese en nómina a cantidade de 1.250 pesetas por día efectivamente traballado, ó persoal que a data do 1 de xaneiro de 1996, tivese a condición de fixo de cadro de persoal, relación laboral indefinida en concepto deste plus. Cada ano este plus revisarase en función do IPC.

3. Plus de toxicidade: a súa contía queda fixada no 10 % sobre as seguintes cantidades, segundo o artigo 37 do convenio de químicas, sempre referido ó persoal de producción, cando determine o organismo competente (RANDE), a existencia da dita toxicidade. Cada seis meses someterase a xuízo de RANDE a necesidade ou non do dito plus. Este plus aplicarase por día efectivo de traballo.

As cantidades sobre as que se aplicará o 10% en 1996 son:

Grupo 1: 2.410 ptas./día.

Grupo 2: 2.592 ptas./día.

Grupo 3: 2.808 ptas./día.

Grupo 4: 3.126 ptas./día.

Grupo 5: 3.559 ptas./día.

Grupo 6: 4.166 ptas./día.

Grupo 7: 5.063 ptas./día.

Grupo 8: 6.419 ptas./día.

As cantidades sobre as que se aplicarán en 1997 o 10% serán:

Grupo 1: 2.517 ptas./ día.

Grupo 2: 2.696 ptas./día.

Grupo 3: 2.920 ptas./día.

Grupo 4: 3.251 ptas./día.

Grupo 5: 3.701 ptas./día.

Grupo 6: 4.333 ptas./día.

Grupo 7: 5.266 ptas./día.

Grupo 8: 6.676 ptas./día.

As cantidades sobre as que se aplicará en 1998 o 10 % serán as equivalentes ás que figuren no convenio de químicas de 1998.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias; a súa contía será o soldo base, segundo o grupo ó que se pertence maila antigüidade que corresponda a cada traballador.

O pagamento realizarase da seguinte forma:

-Paga de marzo. Na segunda quincena do mes de marzo.

-Paga de xullo. Na primeira quincena do mes de xullo.

-Paga de Nadal. Na segunda decena de decembro.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

De acordo coa lexislación vixente, esta será de 40 horas semanais e 8 horas diarias (coas excepcións que na actualidade ou nun futuro poidan permiti-las autoridades laborais)

A xornada, por necesidades de producción, poderá ser de luns a venres ou tódolos días do ano.

A xornada de luns a venres realizarase as 24 horas ó día.

Xornada continua: enténdese por proceso continuo o do traballo que, debido a necesidades técnicas, organizativas ou de producción, se realiza as 24 horas do día e durante os 365 días do ano. A retribución neste caso de traballo a xornada continua, rexerase polas táboas das follas anexas.

Os horarios das quendas serán:

-Mañá: de 6 a 14 horas.

-Tarde: de 14 a 22 horas.

-Noite: de 22 a 6 horas.

En 1997, o número de horas efectivamente traballadas será de 1.800 horas.

O número de horas efectivas traballadas en 1998 serán as do convenio de químicas dese ano.

Artigo 13º.-Traballos de distinto grupo profesional

A empresa, en caso de necesidade, poderá destina-los traballadores a realizaren traballos de distinto grupo profesional ó seu, reintegrándose o traballador ó seu antigo posto cando cese a causa que motivou o cambio.

Cando se trate dun grupo superior, este cambio non poderá ser de duración superior a seis meses ininterrompidos, salvo os casos de substitución por servicio militar, enfermidade, accidente de traballo, licencias, excedencia especial e outras causas análogas, caso no que se prolongará mentres subsistan as circunstancias que o motivasen. Transcorridos os seis meses, coas excepcións apuntadas, convocarase concurso-oposición. A retribución, mentres se desempeña traballo de grupo superior, será a correspondente a este.

Cando se trate dun grupo inferior, esta situación non poderá prolongarse por período superior a dous meses ininterrompidos. Non obstante, este prazo prolongarase se así se acorda expresamente entre a empre

sa e os representantes dos traballadores de acordo con razóns excepcionais que o xustifiquen, e coa previsión de medidas para resolve-lo problema formulado. En todo caso, o traballador conservará a retribución correspondente ó seu grupo de orixe, salvo que o cambio se producise por petición do traballador; neste caso, o seu salario condicionaríase segundo o novo grupo profesional. En ningún caso o cambio de grupo poderá implicar menoscabo da dignidade humana. Evitarase reitera-lo traballo de grupo inferior cun mesmo traballador.

Nos casos de traballadores adscritos con carácter forzoso a un grupo profesional inferior, por exceso de cadro de persoal, deberán ser reintegrados ó grupo de orixe en canto existan vacantes do seu grupo.

Os traballadores remunerados a obra feita ou primas que supoñan a percepción de complementos especiais de retribución, non poderán ser adscritos a outros traballos de distinto réxime, salvo cando mediasen causas de forza maior ou as esixencias técnicas da explotación o requirisen.

Artigo 14º.-Vacacións.

Estas serán de 30 días naturais. A súa distribución será de mutuo acordo entre a empresa e os traballadores, tendo en conta os períodos e maior necesidade de producción.

Desfrutaranse un mínimo de 15 días consecutivos, preferentemente en verán e Nadal.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo que lles entregará a empresa ós seus traballadores consistirá en dúas fundas ó ano, unha cada seis meses. Os traballadores que ingresen na empresa por un tempo superior a seis meses recibirán dúas fundas. Facilitaráselle ó persoal que o requira, á parte do especificado, botas con reforzo e todo aquel elemento que se considere necesario para a realización do seu traballo.

Artigo 16º.-Permisos e licencias.

O traballador, avisando coa posible antelación, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

1. Quince días naturais no caso de matrimonio

2. Dous días por nacemento de fillos/as, que poderán ser prorrogados por dous días no caso de enfermidade xustificada ou cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

3. Dous días naturais en caso de grave enfermidade ou falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe ou irmáns do traballador, así como os do seu cónxuxe, que poderán ampliarse a catro cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

4. Un día natural en caso de matrimonio de fillos, pais ou irmáns, na data da celebración da cerimonia.

5. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

6. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta dispoña en canto a duración da ausencia e compensación económica.

7. Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional nos supostos e na forma regulados na lexislación vixente.

En canto ós sinalados nos números 1 a 3 do apartado anterior, en casos extraordinarios debidamente acreditados, tales licencias outorgaranse polo tempo que sexa preciso segundo as circunstancias, convindo as condicións de concesión e podendo acordarse a non percepción de haberes.

8. Cando por razón de enfermidade o traballador precise a asistencia a consultorio médico en horas coincidentes coas da súa xornada laboral, as empresas concederán, sen perda de retribución, o permiso necesario polo tempo preciso para o efecto, tempo que deberá xustificarse co correspondente volante visado polo facultativo ou persoal debidamente acreditado, sexan ou non da Seguridade Social.

Artigo 17º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de incapacidade laboral transitoria motivada por accidente de traballo, requira ou non hospitalización, ou enfermidade común que requira hospitalización, os traballadores percibirán o 100% do seu salario. No suposto de enfermidade que non requira hospitalización, seguirase o seguinte:

a) Primeiros sete días: 100 %.

b) A partir do oitavo día: 85 %.

Artigo 18º.-Seguridade e hixiene.

Observarase o disposto na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 19º.-Dereitos sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normativa vixente.

Artigo 20º.-Ferramentas.

A empresa deberá pór á disposición dos traballadores tódolos útiles necesarios para o traballo. Por outra banda, o persoal deberá utiliza-las ferramentas postas á súa disposición para os usos para os que as ditas ferramentas estean indicadas.

Artigo 21º.-Período de proba.

Queda establecido como período de proba o tempo que estableza a lexislación vixente.

Artigo 22º.-Contratos de traballo.

Os contratos de traballos ateranse á lexislación vixente.

Artigo 23º.-Réxime disciplinario.

Réxime de faltas e sancións

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección das empresas de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes:

Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

1. A falta de puntualidade, ata de tres nun mes, na asistencia ó traballo, con atraso inferior a trinta minutos no horario de entrada.

2. Non cursar no tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono so servicio sen causa fundada, mesmo cando sexa por breve tempo. Se como consecuencia deste se orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do material.

5. Falta de aseo e limpeza persoal, cando sexa de tal índole que poida afecta-lo proceso productivo da empresa.

6. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

7. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

8. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

9. Faltar ó traballo un día ó mes, sen causa xustificada.

Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a cinco minutos, na asistencia ó traballo, nun período de trinta días.

2. Ausencia sen causa xustificada por dous días, durante un período de trinta días.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia, que poidan afectar á Seguridade Social. A falta maliciosa nestes datos considérase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos ou distraccións nas horas de traballo.

5. A simulación de enfermidade ou accidente.

6. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

7. Simula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

8. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

9. A imprudencia en acto de traballo: se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como falta moi grave.

10. Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

11. A embriaguez fóra de acto de servicio vestindo o uniforme da empresa, sempre que polo uniforme poida ser identificada a empresa.

12. A reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediada comunicación escrita.

Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, superior a cinco minutos, cometidas nun período de seis meses, ou vinte durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e os furto ou roubo, tanto á empresa coma ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo, en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en primeiras materias, útiles, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

4. A condena por delicto de roubo, furto ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feitos que poidan implicar para esta desconfianza respecto do seu autor ou, en todo caso, a de duración superior a seis anos dictada polos tribunais de xustiza.

5. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

6. A embriaguez habitual.

7. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelar a elementos estraños a ela datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou a falta grave de respecto e consideración

ós xefes ou ós seus familiares, asi como ós compañeiros e subordinados.

9. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

10. Abandonar en posto de responsabilidade.

11. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal de traballo, sempre que non estea motivada polo exercicio de ningún dereito recoñecido polas leis.

12. Orixinar frecuentes rifas e liortas cos compañeiros de traballo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes, de terse producido a primeira.

14. O abuso de autoridade por parte dos xefes será sempre considerado como falta moi grave e porase inmediatamente en coñecemento da dirección da empresa.

Réxime de sancións

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no presente convenio.

A sanción das faltas leves e graves requirirá comunicación escrita motivada ó traballador e a das faltas moi graves esixirá tramitación de expediente ou procedemento sumario en que sexa oído o traballador afectado.

En calquera caso, a empresa dará conta ós representantes dos traballadores, ó mesmo tempo ca ó propio interesado, de toda sanción que impoña.

Sancións máximas.

As sancións máximas que poderán imporse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

b) Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

c) Por faltas moi graves: desde a suspensión de emprego de dezaseis a sesenta días ata a rescisión do contrato de traballo nos supostos nos que a falta fose cualificada dun grao máximo.

Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá, para as faltas leves, ós dez días; para as faltas graves, ós vinte días, e para as moi graves, ós sesenta días, a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de cometerse.

Graduación de faltas:

Para os efectos de graduación de faltas, nos se terán en conta aquelas que se cometesen con anterioridade, de acordo cos seguintes prazos:

-Faltas leves: 3 meses.

-Faltas graves: 6 meses.

-Faltas moi graves: 1 ano.

ANEXO

Tódalas referencias feitas nos artigos anteriores, así como nas táboas salariais anexas ó convenio de químicas, non implican que Plásticos Camypor, S.L., se rexa polo dito convenio, senón que son a referencia adoptada para o convenio de empresa que aprobamos para os anos 1996, 1997, 1998.

Grupos de clasificación.

Nivel 6º.-Persoal titulado superior que realiza o seu traballo con alto grao de autonomía e responsabilidade.

Nivel 5º.-Persoal técnico de grao medio.

Nivel 5º.- Xefes de producción, xefes administrativos, xefe comercial.

Nivel 4º.-Encargados: encargados de quenda en producción, encargados de almacén.

Nivel 3º.-Oficiais administrativos.

Viaxantes.

Axudantes de laboratorio.

Persoal de producción: persoal especializado que atende as máquinas con total autonomía, encargándose da súa montaxe, desmontaxe e posta en marcha.

Nivel 2º.-Persoal de producción: operarios que atenden as máquinas con total autonomía, que non as montan nin desmontan, aínda que si realizan os procesos de posta en marcha e parada.

Nivel 1º.-Auxiliares administrativos e telefonistas.

Subalternos: ordenanzas, vixilantes.

Limpadoras e peóns.

Persoal de producción, operarios non cualificados que realizan labores de carga e descarga en nave de producción e almacén.

Configuración dos grupos do persoal actual de Plásticos Camypor, S.L.

Grupo 6: Caridad Portabales, Ricardos Álvarez, Juan Carlos Gil.

Grupo 5: David Rey, Victorino M. Rodríguez, José Ángel Moreiras, Cecilio Benavides Conde.

Grupo 4: Pedro Iglesias, Carlos Nogueira, José M. Zarandón.

Grupo 3: Susana Gil, Nieves Carballido, Mary Carballido, M. Carmen Domínguez, Cristina Pérez, Manuel Balado, Ángel Nogueira, C. Benavides Hernández, Jesús Lago, Emilio Vivas.

Cantidade na que quedan conxeladas as antigüidades a 1 de xaneiro de 1996.

Caridad Portabales2.814 ptas./mes.

Ricardo Álvarez

Juan Carlos Gil2.814 ptas./mes.

Davil Rey5.628 ptas./mes.

Victorino M. Rodríguez28.140 ptas./mes.

José Ángel Moreiras

Pedro Iglesias2.814 ptas./mes.

Carlos Nogueira5.628 ptas./mes.

José M. Zarandón16.884 ptas./mes.

Cecilio Benavides5.628 ptas./mes.

Susana Gil

Nieves Carballido22.512 ptas./mes.

Mary Carballido28.140 ptas./mes.

M. Carmen Domínguez28.140 ptas./mes.

Cristina Pérez15.975 ptas./mes.

Manuel Balado21.300 ptas./mes.

Ángel Nogueira22.512 ptas./mes.

C. Benavides Hernández5.628 ptas./mes.

Jesús Lago5.628 ptas./mes.

Emilio Vivas

220.185 ptas./mes.

Cláusulas varias:

A) Contratos especiais posta en marcha A Cañiaza.

Salario base 1997Salario base 1998

Persoal producción nova

contratación

78.00082.000
Persoal almacén nova

contratación

78.00082.000

Os salarios indicados para os contratos especiais da posta en marcha da Cañiza estarán en vigor mentres o estea este convenio, e non sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional. Se así o fosen, aplicaríaselle o dito SMI.

Estes salarios veranse incrementados nos pluses de nocturnidade e no plus de toxicidade, nas cantidades indicadas no artigo 10 deste convenio, para o persoal de producción. No referente ó plus de toxicidade, as cantidades de referencia son as aplicables ó grupo 1.

Táboa salarial 1996

GruposSalario base/mesTotal año

6158.150Suma conceptos
5135.159Suma conceptos
4118.613Suma conceptos
3106.659Suma conceptos
298.383Suma conceptos
191.947Suma conceptos

Táboa salarial 1997

GruposSalario base/mesTotal año

6164.475Suma conceptos
5140.565Suma conceptos
4123.357Suma conceptos
3110.925Suma conceptos
2102.319Suma conceptos
195.625Suma conceptos

Táboa salarial 1998

Soldos equivalentes ó convenio de químicas de 1998.

Táboa salarial xornada continua 1996

GruposSalario base/mesTotal año

6179.482Suma conceptos
5156.495Suma conceptos
4139.943Suma conceptos
3127.990Suma conceptos
2119.715Suma conceptos
1113.279Suma conceptos

Táboa salarial xornada continua 1997

GruposSalario base/mesTotal año

6186.660Suma conceptos
5162.754Suma conceptos
4145.541Suma conceptos
3133.110Suma conceptos
2124.504Suma conceptos
1117.810Suma conceptos

Táboa salarial xornada continua 1998

Soldos equivalentes ó convenio de químicas de 1998.

* Nota: a suma da última columna (total ano), está en función do grupo ó que pertenza cada traballador, dos días efectivamente traballados e noites.

4834