Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.062

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997 pola que se convocan cursos de informática de xestión municipal para persoal da Administración local.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1997, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos de informática que figuran no anexo, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude, que figura ó final da convocatoria, cuberta en tódolos epígrafes, e na que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación do cumprimento do requisito esixido na base 2 do anexo da convocatoria dos respectivos cursos.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando o solicite máis dun interesado da mesma corporación, o responsable de persoal deberá especifica-la orde de preferencia. No caso de non especificarse, a EGAP aplicará os criterios de selección ós que se fai referencia na base quinta.

2. A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias finalizará o 30 de agosto.

Terceira.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas, s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, e do procedemento administrativo común.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e notificaráselles directamente ós admitidos.

Os lugares e a data definitiva de comezo dos cursos que se realizan fóra da sede da EGAP en Santiago de Compostela comunicaráselles oportunamente ós asistentes.

Cuarta.-Requisitos dos participantes.

Con independencia das condicións establecidas de modo concreto para cada un dos cursos, os solicitantes deberán ser funcionarios de Administración local ou persoal laboral asimilado que habitualmente manexen ordenadores no desenvolvemento das súas tarefas.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso, sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos na base cuarta da convocatoria e os específicos de cada curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen outro curso de similares características ós convocados e os que os solicitasen en anos anteriores e non obtivesen praza, que deberán formular de tódolos xeitos unha nova solicitude.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 12 de abril de 1991 da EGAP, pola que se fan públi

cos os criterios xerais de selección dos asistentes ás súas actividades e na do 27 de xuño de 1994, pola que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

A EGAP reserva para si a facultade de anular un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 10 o número mínimo de asistentes por curso.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso . Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa do curso con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

A) Cursos de informática de xestión municipal.

* Curso de iniciación e procesador de textos.

1. Obxectivos: coñece-lo funcionamento dun ordenador, a súa estructura e o que é o sistema operativo, estudiando as posibilidades que ofrece o tratamento de textos na realización de tarefas administrativas.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso:

Lugares: o curso realizarase nas seguintes localidades: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Datas:

-Santiago de Compostela, desde o 23 de outubro ata o 13 de novembro, de luns a xoves.

-A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, a partir do 15 de setembro tódolos días laborables de luns a xoves.

Horario: de 17 a 20.30 h. cunha pausa intermedia de 30 minutos.

Duración: 40 horas.

Nº prazas: 15.

4. Contido:

Coñecementos básicos: manexo da información por parte dun ordenador. Conceptos de bit e byte. Partes fundamentais dun ordenador persoal. Concepto de programa. Hardware e software.

Sistema operativo: concepto de sistema operativo. Manexos básicos iniciais. Concepto de arquivo e tipos. Concepto de carpeta e directorio. Configuración do contorno do traballo. Salvagarda da información.

Procesador de textos: concepto do programa procesador de textos. Nocións básicas. Escritura e revisión dun documento. Gardar e abrir documentos. Dar formato a caracteres, parágrafos e páxinas. Estilos e patróns. Revisión ortográfica. Guións e sinónimos. Impresións de documentos. Almacenamento e busca de documentos.

* Curso de xestor de bases de datos.

1. Obxectivos: coñece-las posibilidades que proporciona dispoñer da información de xeito estructurado e organizado e utilizar ó máximo a información almacenada.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións locais con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso:

Lugares: o curso realizarase nas seguintes localidades: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Datas:

-Santiago de Compostela, desde o 17 de novembro ó 2 de decembro de luns a xoves.

-A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, a partir do remate do curso de iniciación e procesador de textos. A data concreta de comezo comunicaráselles oportunamente ós admitidos.

Horario: de 17 a 20.30 h cunha pausa intermedia de 30 minutos.

Duración: 30 horas.

Nº prazas: 15.

4. Contido: definicións iniciais. Tipos de bases de datos e características fundamentais. Creación con ACCESS dunha nova base de datos. Introducción e validación de datos. Consultas: linguaxe SQL. Formularios. Informe. Importación, exportación e xuntado de táboas.

4958