Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Castro, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do expediente DH.A36.3201 (3/273/19).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Castro, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo constar, se é o caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Cerdedo e Forcarei (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: r/ Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra, r/ Benito Corbal, 47-3ª planta, 36071 Pontevedra.

* Concello de Cerdedo, r/ Praza do Concello, s/n, 36130 Cerdedo-Pontevedra.

* Concello de Forcarei, r/ Praza da Igrexa, 1, 36550 Forcarei-Pontevedra.

(O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Minicentrales Automatizadas de Galicia, S.L.

Representante: Emilio Fernández Gómez.

Enderezo: r/ Padre Feijoo, 5-1º, 15004 A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Salto de Cernados.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 4.500 l/s.

Corrente de derivación: río Castro.

Tramo ocupado (cotas): 419-347 m.

Desnivel: 72 m.

Altura do azude: 8 m.

Potencia: 2.298 kV.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Cerdedo (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade, cunha altura máxima de 8 m e unha lonxitude de coroación aproximada de 36,4 m (cota de coroación 423 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager do cal o labio se encontra a cota 419 m, cunha lonxitude de vertido de 18 m. O azude de derivación ten unha

planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo de diámetro 0,3 m na parte central.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo dereito e presenta unha sección de control de 1,4 mx1,6 m cunha reixa inclinada. A cámara de toma encóntrase cuberta e ten unha planta de dimensións 13,2 mx4 m cun escorredoiro lateral e unha comporta de limpeza e baleirado.

O acceso ó azude proxéctase mediante o acondicionamento dunha senda que baixa ó río pola marxe dereita desde o acceso existente desde a estrada N-541 a Quinta.

Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe dereita do río Castro, ten unha lonxitude de 2.750 m e está construída en formigón cunha sección cuberta rectangular de 2 mx1,8 m escavado no terreo a media ladeira.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 15 mx4 m e unha altura de caixeiros de 3 m, está cuberta e dispón de comporta electrónica automatizada, que conecta coa tubería de carga. A cámara de carga proxéctase a cota 141,8 m.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1,2 m de material aceiro ó carbono cunha lonxitude de 191 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Castro.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 12,2 mx6,15 m situada na zona denominada Cerdedo, próxima a Cernados á cota 349 m. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso desde Cernados, que discorre pola marxe dereita do río Castro.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 10,4 m de lonxitude, de aliñación recta, cunha sección de 2,2 m de largo e 2,5 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é a 347 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de eixe horizontal, 750 r.p.m., para 2,25 m/s e un salto de 60,8 m (potencia de 1.298 kW cada unha); os alternadores son asíncronos de 2.500 kVA, 6 kV de tensión e 900 r.p.m.

-Transformador de 3.300 kW e elevación de 6 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

Representante: José Manuel Cortizo Soñora.

Enderezo: Lugar Extramundi, s/n, 15900 Padrón, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Central Hidroeléctrica no río Castro.

Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 6.000 l/s.

Corrente de derivación: río Castro.

Tramo ocupado (cotas): 420-340 m.

Desnivel: 80 m.

Altura do azude: 9 m.

Potencia: 4.050 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Cerdedo (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 47,5 m (cota de coroación 422 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager do cal o labio se encontra a cota 420 m,

cunha lonxitude de vertido de 43,5 m. O azude de derivación ten unha planta curva e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo dereito, e presenta unha sección de control cunha reixa de grosos. A cámara de toma ten unha planta de dimensións 25 mx5 m e 8,5 m de altura máxima cun escorredoiro lateral e unha comporta de limpeza e baleirado. Á entrada da canle encóntrase a comporta de regulación.

O acceso ó azude proxéctase mediante o acondicionamento dunha senda que baixa o río pola marxe dereita desde o acceso existente dende a estrada N-541 a Quinta.

Canal de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe dereita do río Castro, ten unha lonxitude de 2.100 m e está construído en formigón armado cunha sección rectangular de 4 mx1,6 m discorrendo a media ladeira, salvo un tramo duns 100 m que discorre en trincheira. A canle de derivación presenta un escorredoiro nas proximidades da cámara de carga.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 40,8 mx10,8 m e unha altura máxima de 3,83 m, comeza cunha ampliación progresiva da canle e dispón de comporta telemandada a súa entrada á tubería de carga.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase enterrada cun diámetro de 1,5 m realizada en aceiro cunha lonxitude de 200 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Castro.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 30 mx9,7 m situada na zona denominada Cerdedo, próxima a Cernados á cota 341,2 m. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso dende Cernados que discorre pola marxe dereita do río Castro.

Canal de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de aliñación recta, cunha sección rectangular construída en formigón, sendo a cota de desaugamento 340 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de eixe horizontal, 750 r.p.m., para 3 m/s e un salto de 77,69 m (potencia 2.851 C.V. cada unha); os alternadores son síncronos de 2.025 kVA, 6 kV de tensión e 750 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que procedan, os que a seguir se indican:

Concello de Cerdedo:

Polígono 46: parcelas 11 á 140, 142 á 145, 223 á 292, 304, 305; Polígono 45: parcelas 229 á 231, 255, 256, 289, 302 á 310, 443.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Minicentrales Asturianas, S.A.

Representante: Héctor García Rodríguez, Juan Carlos García Marqués.

Enderezo: r/ Cervantes, 24-1º dereita, Oviedo, Asturias.

Denominación do aproveitamento: Central de Cerdedo.

Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 2.300 l/s.

Corrente de derivación: río Castro.

Tramo ocupado (cotas): 418-325 m.

Desnivel: 93 m.

Altura do azude: 6,5 m.

Potencia: 1.708 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concellos de Cerdedo e Forcarei (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 38,5 m (cota de coroación 421,5 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager do cal o labio se encontra a cota 418 m, cunha lonxitude de vertido de 20 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito unha escala para peixes e un desaugamento de fondo no estribo esquerdo.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo esquerdo, e presenta dúas aberturas de entrada con comportas e reixa de grosos. A cámara de toma ten unha planta de dimensións 50 mx2,8 m e 4 m de altura cun escorredoiro lateral e unha comporta de limpeza e baleirado.

Conducción de derivación.

A derivación realízase mediante unha tubería circular de 1,4 m de diámetro que discorre enterrada

na marxe esquerda do río Castro, ten unha lonxitude de 3.100 m e está construída PRFV reforzado.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 47 mx5 m e unha altura máxima de 4,5 m, está parcialmente cuberta e dispón de válvula, reixa e peite limpador. A cámara de carga proxéctase a cota 415,67 m.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 0,9 m de material poliéster reforzado cunha lonxitude de 560,5 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe esquerda do río Castro sobre apoios de formigón.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 19 mx15 m situada na zona denominada Cerdedo, próxima a Cernados á cota 349 m. A estructura do edificio é de formigón con cerramento en teitume de uralita apoiado en cimbre metálico.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución con aliñación recta e unha sección de 2 m de largo e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é a 325 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Francis de eixe horizontal, de caudais 1,8 e 0,5 m/s e un salto de 87,36 m (potencia de 1.337 e 371 kW respectivamente); os alternadores son síncronos de 5 kV de tensión de saída e 1000 r.p.m.

-Transformador de 3.300 kW e elevación de 6 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que procedan, os que a seguir se indican segundo a relación proporcionada polo promotor:

«Que os terreos afectados son de monte público e outros, do cal a relación se detalla no documento técnico».

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4721