Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

EDICTO do 30 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se notifica o trámite de vista do expediente disciplinario seguido a Elena Soto Gil.

Por medio do presente edicto notifícaselle á auxiliar puericultora da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Elena Soto Gil, por ser devolta a notificación que no seu momento foi practicada polo Servicio de Correos no seu domicilio: r/ Curros Enríquez, nº 43-4º I, A Coruña, por atoparse esta ausente, sen dar razón dela, nin facerse cargo da súa recepción, que se formulou o día 19 de maio de 1997 o trámite de vista do expediente disciplinario 1/1996, incoado por Resolución do 12 de novembro de 1996, que se atopa á súa disposición no Servicio de Persoal da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de 9 a 14 h, para que no prazo de dez días alegue o que coide pertinente para a súa defensa e aporte cantos documentos considere de interese, facilitándolle copia completa do expediente se así fose solicitado, e apercibíndoa de que, de non acudir a este requirimiento, proseguiranse as actuacións a que en dereito haxa lugar. Para que conste e lle sirva de notificación

á interesada e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 49 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 249, do 28-12-1994), expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela a 30 de maio de 1997.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

4717