Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia licitación, por concurso público aberto, trámite de urxencia, para a contratación das obras de reforma en módulos abertos e semiabertos no centro de educación de menores Montealegre, de Ourense.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar licitación, polo trámite de urxencia, para a contratación de subministración mediante concurso público aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 17/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma en módulos aberto e semiaberto no centro de educación de menores Montealegre, de Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 4,5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 50.560.697 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 1.011.214 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copy Estudio.

b) Domicilio: Rúa Nova, 19.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: (981) 59 33 85, para documentación. (981) 54 46 52, para información.

e) Telefax: 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, categoría d.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Santiago de Compostela, 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude

4568