Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/405-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: Ponte 15, 36820 Ponte-Caldelas.

Denominación: C.T. Anceu-Ponte-Caldelas e R.B.T.

Situación: concello de Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V. R.B.T., aérea,

de 146 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, nun poste de formigón existente da liña Ponte-Caldelas-Anceu, concello de Ponte-Caldelas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 8 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4474