Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/384-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: Ponte 15, 36820 Ponte-Caldelas.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. centro médico Ponte III.

Situación: concello de Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 15/20 kv, de 125 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56 e 25 m o tramo subterráneo, desde a L.M.T. Santa Ana-Ponte-Caldelas ata o C.T. que se proxecta en Ponte III-centro médico, concello de Ponte-Caldelas. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 730 m de lonxitude o tramo aéreo con conductor tipo R.Z. e 80 m o tramo subterráneo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 8 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3892