Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/193-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo.

Enderezo social: Mancebo, 6, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a 15/20 kV, C.T. 100 kVA, Casalvito.

Situación: Monfero.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.432 m de lonxitude en conductor de aluminio LA-56 que parte do apoio nº 51 da L.M.T. San Bartolomeu-Monfero e final no C.T. que se vai construír no lugar de Casalvito, tipo aéreo de 100 kVA a 15/20 kV-B2. Concello de Monfero.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 15 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4479