Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica da ofimática do Complexo Hospitalario Juan Canalejo. (Contrato plurianual). (C.P. 124/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: asistencia técnica da ofimática do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (incluíndo: hardware, software e varios), de acordo coas especificacións do anexo I: pliego de prescricións técnicas que se acompaña o presente resolución.

Orzamento: 14.400.000 ptas.

Garantía provisional: 288.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: non existen, pola propia natureza da prestación que se contrata.

III. Admisión de variantes: non se autorizan, o que se fai constar expresamente neste prego e no anuncio da licitación, de acordo co artigo 88.2º da LCAP.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Currículum do persoal asignado o contrato: 30%.

2. Proposta técnica e calidade: 30%.

3. Prezo ofertado: 40%.

V a). En canto a valoración do currículum do persoal asignado ó contrato, atenderase ós distintos elementos que se detallan no anexo I, prego de prescricións técnicas adxunto.

b) Respeto o prezo ofertado, considerarase a rebaixa final que presenten as ofertas económicas dos licitadores sobre o orzamento máximo autorizado para o contrato.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo o hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviar por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 4 de xuño de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4734