Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de material para cirurxía cardíaca. (Contrato plurianual). (C.P. 41/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órga

nos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: (981) 17 80 73. Telefax: (981) 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): contratación dunha subministración de material para cirurxía cardíaca.

Orzamento total: 115.620.560 ptas. (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 11 lotes, que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

-Lote 1. Osix. D/membrana tipo «A»: 26.400.000 ptas.

-Lote 2. Osix. D/membrana tipo «B»: 14.000.000 de ptas.

-Lote 3. Set. osixenador C/conos.: 24.000.000 ptas.

-Lote 4. Set cardioplexia hemática: 7.600.000 ptas.

-Lote 5. Custom pack C/filtro: 11.400.000 ptas.

-Lote 6. Cánula aspirador 5 mm e 7 mm: 6.000.000 de ptas.

-Lote 7. Cánula retorno venoso: 3.690.000 ptas.

-Lote 8. Cánula Perf. retroplexia: 10.248.960 ptas.

-Lote 9. Agulla de raíz aorta: 3.081.600 ptas.

-Lote 10. Punch de aorta 4 mm: 2.720.000 ptas.

-Lote 11. Electrodo Card. temporal: 6.480.000 ptas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto farase segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 10-7-1997.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: 17-7-1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do día 28-7-1997.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 26-11-1996.

17. Data de envío do anuncio: 11-6-1997.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 4 de xuño de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4430