Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 17/1997, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación da explotación do servicio de cafetería e restaurante do Hospital Santo Cristo de Piñor.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación da explotación do servicio de cafetería e restaurante do Hospital Santo Cristo de Piñor.

Canon mínimo anual: 360.000 ptas.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público 17/1997, tramitado con carácter urxente.

Prazo de execución: 4 meses para as obras, contados a partir da aprobación do proxecto e 10 anos para a explotación.

Admisión de variantes: admítense variantes, sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditación mediante a prestación dunha declaración relativa á cifra de negocios global, así como dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica: relación dos principais servicios efectuados durante os tres últimos anos, na que se indique o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estes.

Clasificación económica: nos se require.

Fianza provisional: 2% do orzamento do investimento que se vai realizar.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do investimento que se vai realizar.

Criterios de adxudicación: características funcionais: 4 puntos; experiencia no sector: 4 puntos; relación prezo/calidade: 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación do complexo hospitalario, rúa Ramón Puga nº 52 (edificio de administración, planta baixa), de Ourense, en días laborables, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 3 de xuño de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

4712