Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.896

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio da pel e do calzado de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio da pel e do calzado de Lugo (código 2700165), da provincia de Lugo, asinado o día 28 de abril de 1997, pola representación da Asociación de Empresarios de Comercio da Pel e do Calzado da provincia de Lugo, e das centrais sindicais UGT e CC.OO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de maio de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo provincial do comercio da pel e do calzado de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo sindical de traballo obriga a totalidade das empresas e traballadores dedicados ó comercio da pel e calzado.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Afecta a Lugo e á súa provincia, polo que quedan incluídas dentro destas normas do presente convenio as empresas ou sucursais domiciliadas en calquera punto de Lugo e provincia.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1996 para tódolos efectos, con independencia da súa publicación no BOP, rematando a súa vixencia o 31 de decembro de 1997.

Artigo 4º.-Denuncia.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio deberá ser este denunciado polas partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará, en todo caso, a prórroga deste por un ano, en iguais termos salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 5º.-Interpretación do convenio.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O devandito órgano integrado por tres representantes da Asociación Empresarial asinante e 3 representantes da UGT, cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. No caso de non se chegar a un acordo nesta comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación e Xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Repectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí convidas, manténdose as ad personam, en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 7º.-Ingreso e período de proba.

Poderán concertarse, entre empresa e traballador, por escrito, un período de proba que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de tres meses para os demais traballadores, excepto para os non cualificados; neste caso, a duración máxima será de quince días laborais. No caso de concertarse o período de proba considerado neste artigo, tanto o empresario coma o traballador están respectivamente obrigados a realiza-las experiencias que constitúan o obxecto da proba.

Artigo 8º.-Retribucións.

Os salarios pactados no presente convenio figuran na táboa de salarios anexa a este para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1996, que supoñen un incremento do 3,2% sobre a táboa de salarios do ano 1995.

Así mesmo figura anexa ó presente convenio a táboa de salarios para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 1997, que supoñen un incremento do 2,6% sobre a táboa de salarios do ano 1996.

Para o caso de que o IPC real estatal ó 31 de decembro de 1997 rexistrase un incremento superior ó 2,6%, farase unha revisión da táboa de salarios de 1997, no exceso da cifra indicada e ata acadar o IPC real estatal de 1997. A referida revisión non terá efectos retroactivos, e servirá de base para a aplicación do incremento salarial que se pacte para o ano 1998.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio aboaranlles ós seus traballadores unha paga igual a unha mensualidade, incluída a antigüidade, nas datas seguintes: 22 de decembro, 25 de xullo e 22 de marzo.

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por tempo de traballo.

Ó persoal comprendido no presente convenio seranlle aboados, desde a súa entrada na empresa, cuadrienios cunha porcentaxe que se fixará para tódalas categorías profesionais adxuntas no anexo a este convenio, no 6% do salario base pactado.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais.

Artigo 12º.-Sobresoldo de transporte e vestiario.

Queda establecido, para tódalas categorías e idades, en 6.968 ptas. para o ano 1996 e en 7.149 ptas. para o ano 1997, por mes activamente traballado.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

As empresas que teñen establecido usar pezas de roupa ou uniformes (o seu persoal) adecuado a cada tarefa, deberán entregar dous cada ano, ou un cada seis meses.

Artigo 14º.-Xubilación.

A idade de xubilación voluntaria será de 64 anos cumpridos. Todas aquelas empresas ás que lles sexa solicitada por un traballador a dita xubilación á idade xa indicada, veranse obrigados a contratar outro traballador, titular de dereito ás prestacións por desemprego ou novo demandante de primeiro emprego, mediante calquera dos contratos vixentes permitidos pola lei.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

As empresas, a partir da xubilación do presente convenio DOP, estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros que cubra nos casos de accidente laboral con resultado de morte e de invalidez permanente, total ou absoluta por importe de 2.000.000 de ptas.

A referida póliza soamente abranguerá os procesos iniciados a partir da vixencia e validez desta.

Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente de traballo e o grao de invalidez será a que fixen os órganos administrativo ou, se é o caso, xurisdiccionais competentes.

As indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo á póliza que se regula neste artigo, consideraranse entregadas por conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aqueles acaden.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización da empresa deba efectuar saídas fóra do municipio no que radique o centro de traballo, quedan establecidas na seguinte forma:

-Media axuda de custo: 1.505 ptas.

-Axuda de custo completa: 2.795 ptas.

Artigo 18º.-I.T.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social, ata o 100% do salario do convenio, nos casos e coa duración que se indica a continuación:

a) No suposto de que a situación de I.T. sexa a consecuencia de accidente de traballo ocorrido dentro da xornada laboral, excluído in itenere; neste suposto, o complemento aboarase mentres dure a situación de I.T.

b) No suposto de I.T. derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboarase unicamente cando se produza hospitalización do traballador e mentras dure esta.

Artigo 19º.-Modalidades de contratación.

O contrato de duración determinada, regulado no artigo 15.1º b) do Real decreto legislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores, poderá ter unha duración máxima de dezaoito meses.

Táboa salarial do convenio comercio da pel e do calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-1996 ó 31-12-1996

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribución

anual

Persoal mercantil técnico non titulado:
Xefe de persoal121.5781.900.318
Xefe de compras121.5781.900.318
Encargado xeral121.5781.900.318
Xefe de almacén104.2661.640.638

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante 90.8431.439.293
Corredor de praza 90.8431.439.293
Dependente 85.8201.363.948
Dependente maior 94.4021.492.678
Axudante (menor de 22 anos) 78.1841.249.408
Aprendiz de primeiro ano 45.444 758.308
Aprendiz de segundo ano 51.936 855.688
Aprendiz de terceiro ano 58.428 953.068

Persoal administrativo:
Contable 90.8431.439.293
Oficial administrativo 85.8201.363.948
Auxiliar administrativo 78.1841.249.408
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos 50.220 829.948
Auxiliar de caixa 78.1841.249.408

Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Mozo 78.1841.249.408

Táboa salarial convenio comercio da pel e do calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-1997 ó 31-12-1997

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribución

anual

Persoal mercantil técnico non titulado:
Xefe de persoal124.7391.949.724
Xefe de compras124.7391.949.724
Encargado xeral124.7391.949.724
Xefe de almacén106.9771.683.294

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante 93.2051.476.714
Corredor de praza 93.2051.476.714
Dependente 88.0511.399.404
Dependente maior 96.8561.531.479
Axudante (menor de 22 anos) 80.2171.281.894
Aprendiz de primeiro ano 46.641 778.254
Aprendiz de segundo ano 53.304 878.199
Aprendiz de terceiro ano 59.967 978.144

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribución

anual

Persoal administrativo:
Contable 93.2051.476.714
Oficial administrativo 88.0511.399.404
Auxiliar administrativo 80.2171.281.894
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos 59.130 965.589
Auxiliar de caixa 80.2171.281.894

Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Mozo 80.2171.281.894

4645