Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de maio de 1997 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1997 e organizadas polas asociacións e fundacións con fins pedagóxicos, legalmente constituídas.

Por Orde do 30 de xaneiro de 1997 (DOG do 4 de marzo) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1997 e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas que teñan nos seus estatutos como fin preferente a formación do profesorado e non teñan a consideración de movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.3221.480.0., as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O pagamento das axudas económicas farase, unha vez feita a debida xustificación, segundo instruccións recibidas da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, que se deberá realizar ata o 10 de outubro de 1997 para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído e ata o 10 de decembro de 1997 para as actividades que se realicen entre o 1 de outubro e o 9 de decembro incluídos.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Colexio Oficial de Doutores e Licenciados de Ourense: 192.000 ptas.

Asociación de Profesores de Francés de Galicia: 192.000 ptas.

MRP. Lucus: 192.000 ptas.

AGAPSI: 192.000 ptas.

Aula Castelao de Filosofía: 192.000 ptas.

Asociación de Directores de CPs. da Coruña: 192.000 ptas.

AMEFCOR: 192.000 ptas.

APIGA: 192.000 ptas.

CIG: 192.000 ptas.

Escola Para Todos: 192.000 ptas.

ASPEGA: 192.000 ptas.

STEG: 192.000 ptas.

Quinesia: 192.000 ptas.

Matinando, Asociación Cultural: 192.000 ptas.

Candea, Asociación de Ensinantes do Salnés: 192.000 ptas.

Seminario Permanente de Educación para a Paz: 192.000 ptas.

ENCIGA: 192.000 ptas.

CC.OO, Federación de Ensino: 192.000 ptas.

Álvaro Cunqueiro, Asociación Galega de Prof. de Español: 192.000 ptas.

Anllar: 192.000 ptas.

Soutullo, Asociación Pedagóxico-Cultural: 74.000 ptas.

Amcraga, Asociación de Mestres dos Colexios Rurais Agrupados de Galicia: 74.000 ptas.

4584