Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 1997 pola que se autoriza o cambio de titularidade dos centros privados concertados Nuestra Señora del Rosario, de Arzúa (A Coruña) e San José, de Pontedeume (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade dos centros privados concertados Nuestra Señora del Rosario de Arzúa e San José de Pontedeume, solicitando o cambio de titularidade dos devanditos centros.

Ó resultar que mediante escritura pública notarial outorgada perante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Miguel Jurjo Otero, a fundación benéfico docente La Grande Obra de Atocha cede a súa titularidade, para tódolos efectos, ó Instituto Secular Femenino Hijas de la Natividad de María.

Ó resultar que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Ó resultar que os referidos centros docentes teñen a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, (BOE do 27), Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Ó considerar que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade dos centros privados Nuestra Señora del Rosario de Arzúa e San José de Pontedeume a favor do Instituto Secular Femenino Hijas de la Natividad de María, con tódolos dereitos e obrigas contraídas polo cesionista fundación benéfico docente La Grande Obra de Atocha, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular dos centros por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento dos centros.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

4627