Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

EDICTO.

Ó abeiro do disposto no Decreto 258/1992, de 10 de setembro, faise público que o Concello en Pleno, na sesión celebrada con data do 14-11-1996, apro

bou proposta de escudo e bandeira municipal das seguintes características:

O escudo heráldico do Concello de Cervo queda organizado da seguinte forma:

-Escudo dividido en dous cuarteis, no superior, sobre fondo sinople (verde) un cervo de ouro camiñando. No cuartel inferior, sobre fondo azur (azul) dúas ondas de prata (branco). Fileira de ouro no borde e dividindo os dous cuarteis. No timbre, coroa real cerrada-pechada.

-A bandeira quedará organizada da seguinte maneira: tres bandas horizontais ocupando cada unha un tercio da superficie, sendo de cor vermella a banda superior, verde a central e azul a inferior.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

4687