Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía, con data do 4 de marzo do ano 1997, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización para a ordenación das rúas sitas en Atrio-Cambre das normas subsidiarias municipais, presentado por Emilio Cortés Varela, en representación de Antonio Vila Cid e outros, e redactado polo arquitecto Emilio Cortés Varela.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na unidade xurídica de urbanismo e persoal deste consello.

Cambre, 5 de xuño de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

3612