Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 6 de xuño de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle, das parcelas C-2, C-3, C-4 e C-5, polo polígono industrial comercial deste concello, promovido por la Sociedad Estatal de Promoción y Equipamiento del Suelo (SEPES).

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da data de publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren pertinentes.

Bergondo, 7 de xuño de 1997.

José Carabel Balsa

Alcalde-presidente

4739