Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de enxertos vasculares. (Contrato plurianual). (C.P. 34/1997).

O director-xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación dunha subministración de inxertos vasculares.

Orzamento: 26.287.500 pesetas.

Garantía provisional: 525.750 ptas.

-Lote 1: enxerto bifurcado dacron, enxerto recto dacron, parche dacron.

Orzamento: 11.837.500 ptas.

Garantía provisional: 236.750 ptas.

-Lote 2: enxerto recto soportado dacron.

Orzamento: 4.200.000 ptas.

Garantía provisional: 84.000 ptas.

-Lote 3: enxerto recto ptfe parede standard, enxerto recto ptfe parede fina, enxerto recto ptfe p. fina anelado.

Orzamento: 6.660.000 ptas.

Garantía provisional: 133.200 ptas.

-Lote 4: enxerto recto P. fina extensible (Ptfe expandido), enxerto axilobif. Anelado P. Standard (Ptfe expandido), parche ptfe.

Orzamento: 3.590.000 ptas.

Garantía provisional: 71.800 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

2. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

4. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 40%.

2. Calidade dos materiais: 40%.

3. Servicio técnico da subministración: 20%.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo o Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 4 de xuño de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4711