Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración do equipamento das unidades de reanimación dos hospitais comarcais da Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira). (SCC-25-1997). (Dous lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración do equipamento das unidades de reanimación dos hospitais comarcais da Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira). (SCC.-25/1997). (Dous lotes).

-Lote nº 1: camas de reanimación.

-Lote nº 2: aparellos sanitarios.

Orzamento: 24.444.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 1: 3.000.000 de ptas.

-Lote nº 2: 21.444.000 ptas.

Fianza provisional: licitando ós dous lotes: 448.880 ptas.

-Lote nº 1: 60.000 ptas.

-Lote nº 2: 428.880 ptas.

Fianza definitiva: licitando ós dous lotes: 977.760 ptas.

-Lote nº 1: 120.000 ptas.

-Lote nº 2: 857.760 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.

2. Relación características técnicas-prezo equipo: ata 10 puntos.

3. Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

4. Posibilidade de incorporar no futuro os equipos sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas C do Servicio Galego de Saúde, edificio admi

nistrativo de San Lázaro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4710