O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: contratación dunha subministración de material para hemodinámica.
Orzamento: 23.672.600 ptas.
Garantía provisional: 473.452 ptas.
-Lote 1: introductores curtos e introductores longos.
Orzamento: 4.554.800 ptas.
Garantía provisional: 91.096 ptas.
-Lote 2: Cat. coronarios selectivos.
Orzamento: 6.825.000 ptas.
Garantía provisional: 136.500 ptas.
-Lote 3: guía en «J» ou «Recta» 150 cm e guía en «J» ou «Recta» 260 cm.
Orzamento: 3.092.800 ptas.
Garantía provisional: 61.856 ptas.
-Lote 4: forceps biopsia.
Orzamento: 9.200.000 ptas.
Garantía provisional: 184.000 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
2. Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.
3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
4. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación:
1. Oferta económica: 60%.
2. Calidade dos materiais: 20%.
3. Servicio técnico da subministración: 20%.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola
Universitaria de Enfermería, anexo o Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 4 de xuño de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
4686