Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.821

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Construcciones Navales Santodomingo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Construcciones Navales Santodomingo, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5-5-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 22-4-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de maio de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Construcciones

Navales Santodomingo, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará a partir da súa entrada en vigor as relacións laborais e económicas entre a dirección da empresa Construcciones Navales Santodomingo, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a todo o persoal técnico, administrativo, obreiro e subalterno, que actualmente presta os seus servicios na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

O presente convenio terá unha duración dun ano, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1997, expirando a súa vixencia o 31 de decembro de 1997, entendéndose prorrogado por períodos anuais, sempre que non fose denunciado por calquera das partes.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia do convenio terá que ser formulada por escrito cunha antelación mínima de tres meses respecto da data dos sucesivos vencementos, dándose traslado dela á outra parte a través do comité de empresa.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As condicións establecidas no presente convenio forman un todo orgánico, polo tanto, calquera disposición legal, convencional e obrigatoria que nun futuro se estableza, tan só será de aplicación se no seu conxunto e cómputo anual resultase superior ás condicións laborais aquí pactadas; na súa consecuencia será absorbidos e compensados ata onde se alcance.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando dalgunha ou algunhas condicións máis beneficiosas que as que aquí se establezan deberán conservalas.

Os atrasos correspondentes de xaneiro-febreiro/96 e xaneiro-febreiro/97 percibiranse mensualmente durante o ano 1997.

Artigo 7º.-Revisión de categorías.

Revisaranse as categorías unha vez finalizado o presente convenio. Para iso formarase unha comisión composta por unha representación da empresa, os mandos intermedios das distintas seccións e o comité de empresa.

Artigo 8º.-Xornada laboral e horario de traballo.

A xornada normal de traballo efectivo para todo o persoal e para o ano 1997 será de 1.730 horas,

distribuídas segundo os anexo II e III deste convenio, e de acordo co seguinte horario:

De luns a venres: das 7 ás 15 horas.

Os horarios de traballo ou outros calquera que no futuro poidan establecerse quedarán acollidos nos correspondentes cadros horarios que deberán encontrarse expostos permanentemente á vista do persoal; e para as súas modificacións será preceptivo o informe previo e por escrito do comité de empresa.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais retribuídas, desde o 14 de xullo ó 12 de agosto, ambos inclusive.

Cando en período de desfrute de vacacións un traballador cause baixa por enfermidade ou accidente, estas serán interrompidas, reanudándose unha vez dado de alta.

O persoal que ó inicio da data pactada para as vacacións se encontrase en situación de IT derivada de accidente de traballo ou enfermidade común poderá desfrutar dun período de vacacións de igual duración ó pactado no convenio, dentro do ano natural, e sempre que a súa alta laboral se produza antes do 30 de novembro do citado ano.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Logo de aviso ou solicitude segundo proceda dos traballadores afectados, concederanse licencias retribuídas polas circunstancias e tempo que a seguir se sinala:

-Catro días naturais en caso de falecemento de pais, fillos e cónxuxes. Igual número de días en caso de nacemento de fillos, intervención cirúrxica e enfermidade grave de esposa ou internamento nun centro hospitalario, ata un máximo de 4 días.

-Tres días naturais en caso de falecemento de avós, netos, irmáns e pais políticos que convivan co traballador, así como intervención cirúrxica e enfermidade grave de pais, fillos e pais políticos que convivan co traballador, así como enfermidade grave de irmáns. Cando con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o prazo será de 4 días.

-Dous días naturais en caso de enfermidade ou intervención cirúrxica grave de avós e avós políticos, así como por falecemento, intervención cirúrxica ou enfermidade grave de pais políticos, irmáns políticos e fillos políticos. Cando con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o prazo será de 4 días.

-Un día natural en caso de matrimonio de pais, fillos ou irmáns, así como en caso de falecemento de tíos e sobriños consanguíneos.

-Un día natural en caso de traslado de domicilio.

-Quince días naturais en caso de matrimonio ampliado ata 20 días naturais a petición do traba

llador e coa conformidade da empresa, pero sen retribución os que excedan dos 15 primeiros.

-Cando existan varios membros dunha mesma familia empregados desta empresa, e se dea o caso de intervención cirúrxica ou enfermidade grave de parentes ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade, o desfrute dos días que correspondan en cada caso poderanse desfrutar dentro dun período de 10 días naturais posteriores ó feito causante segundo as indicacións previas que eles formulen.

-De lactación: 1 hora de permiso retribuído ó comezo ou finalización da xornada, durante os primeiros 9 meses desde o nacemento. En caso de lactación artificial, este permiso poderá ser utilizado polo pai.

-Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando, coincidindo o horario de traballo co da consulta, prescriba a dita consulta o facultativo de medicina xeral, debendo presentar previamente o traballador á empresa o volante xustificativo da dita prescrición médica. Nos demais casos, como asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social ou asistencia prestada pola medicina particular, ata o límite de 20 horas ó ano retribuídas, que deberán ser, así mesmo, xustificadas.

-As visitas a especialistas particulares, cando se realizan con motivo de conseguir un embarazo con técnicas de fecundación asistida, terán a mesma consideración que se fosen a especialistas da Seguridade Social.

-Para asistencia a consulta médica con fillos menores de 12 anos: 20 horas ó ano. Se os fillos fosen diminuídos psicofisicamente: 1 día laborable para consulta de especialistas.

-Para asistencia a exames: polo tempo necesario.

-Por citación xudicial: polo tempo necesario.

-Para asistencia a congresos sindicais: pola súa duración.

Artigo 11º.-Permisos sen retribuír.

O traballador con fillos menores de 9 anos, familiares enfermos ata segundo grao de consanguinidade, ou que cursen estudios académicos, poderá obter unha reducción da súa xornada laboral diaria ou semanal, de ata un máximo do 50%, cun desconto salarial proporcional á reducción da xornada obtida.

En caso extraordinario, debidamente acreditado, poderanse conceder licencias polo tempo que sexa preciso sen percepción de haberes co desconto do tempo de licencia para efecto de antigüidade.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal das adecuadas pezas de roupa de traballo.

A empresa dotará a cada traballador de dúas fundas ou peza similar ó ano, entregando unha cada semestre.

Cando a índole nociva da actividade dos traballadores así o requira, serán dotados das pezas que sexan necesarias, segundo determinación do Comité de Saúde Laboral.

Artigo 13º.-Recoñecementos médicos.

A empresa estará obrigada a realizar un recoñecemento médico anual, como mínimo, para todo o persoal. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa.

Artigo 14º.-Saúde laboral.

O Comité de Saúde Laboral determinará as medidas que hai que tomar nos postos susceptibles de traballos nocivos ou de evidente risco para a integridade física do traballador.

En tales casos, a empresa dotará o persoal dos necesarios elementos de seguridade que serán fixados polo comité, o uso dos cales será obrigatorio para tódolos traballadores afectados. Haberá que aterse ó disposto na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 15º.-Posto de traballo da muller embarazada.

Nos casos de embarazo, se as condicións de traballo puidesen incrementa-lo risco de aborto ou malformación, a traballadora terá dereito a cambiar de posto que non implique risco para a saúde da nai nin para o feto, tomando en consideración as posibilidades técnicas e organizativas da empresa. Igualmente, terán dereito a acumula-los períodos de descanso pre e posparto que legalmente lles correspondan.

Artigo 16º.-Traslados de postos de traballo.

Cando as necesidades de organización ou producción o esixan, a dirección poderá ordena-los correspondentes traslados, logo de información ó comité de empresa.

Os que como consecuencia dunha diminución das súas aptitudes físicas ou calquera outra circunstancia que motive a percepción dunha pensión, a empresa poderá deducir do seu salario o importe do que perciba como renda de tal incapacidade.

Nos casos de traballo de categoría inferior, estes non poderán ser vexatorios nin prexudica-la formación profesional do traballador e por tal motivo, quen se considere afectado polas ditas circunstancias deberá poñelo en coñecemento do comité de empresa, o dictame do cal lle será comunicado a esta para que resolva en consecuencia.

Nos demais casos, aínda cando o traballador realice traballos de inferior categoría, conservará o salario correspondente á súa categoría anterior.

Condicións económicas

Artigo 17º.-Incremento salarial.

Durante a vixencia do presente convenio establécese un incremento salarial de 6.000 ptas. (seis mil

pesetas) lineais sobre o salario base, para a distintas categorías, que figuran nos anexos.

Artigo 18º.-Antigüidade.

O valor do quinquenio para a vixencia deste convenio será de 72,26 pesetas por día para tódalas categorías.

Artigo 19º.-Incentivos.

Como compensación á prima de producción cobrada para tódolos traballadores con anterioridade a este convenio, establécense os seguintes incentivos:

a) Unha cantidade fixa de 14.000 pesetas, que percibirán tódolos traballadores, que se perderá en 87,5 pesetas, hora de non presencia.

b) A cantidade de 87,5 pesetas por cada hora extra para tódolos traballadores.

Artigo 20º.-Gratificacións extras.

As pagas extraordinarias de xullo e decembro aboaranse en contía de 30 días cada unha delas para todo o persoal, incluídos os que estean cumprindo o servicio militar, a razón do salario base convenio, antigüidade se a houber, actividade individual obtida por cada un dos traballadores nos últimos seis meses, incentivo fixo, prima de cumprimento e a prima de asistencia, na medida individual obtida tamén por cada un dos traballadores non últimos seis meses.

Cando o traballador estea de baixa por incapacidade temporal, derivada esta de accidente de traballo, non se lle fará ningunha deducción, de cada unha destas baixas.

Cando o traballador estea de baixa por incapacidade temporal, derivada esta de enfermidade común, non se lle fará deducción das partes proporcionais destas gratificacións extraordinarias, polos períodos superiores a 15 días de duración de cada unha destas baixas.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais aquí recollidas ou que poidan pactarse notificaránselle mensualmente á autoridade laboral conxuntamente por empresa e comité, para os efectos de obte-la reducción de recargas de cotización.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias para cubrir períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades, probas, manobras de buques, botaduras e outros supostos similares.

O valor das horas extraordinarias queda indicado na táboa correspondente que se recolle como anexo I do convenio, para as distintas categorías, incrementándose estas en 8,28 pesetas por cada quinquenio.

Artigo 22º.-Desgaste de ferramentas.

O persoal será dotado dos necesarios útiles de traballo pola empresa, iso non obstante, ó persoal da sección de carpintería, aboaráselle a cantidade de 31,95 pesetas por día traballado en concepto de desgaste de ferramentas.

Artigo 23º.-Xantares e ceas.

Os xantares e as ceas aboaranse a razón de 1.500 pesetas.

Devengarase dereito a comida cando o traballador non fose avisado cun día de antelación para prestar servicios despois da xornada normal.

Devengarase dereito a cea cando o traballador se atope prestando servicios despois das 22 horas.

Artigo 24º.-Prima de asistencia.

Esta prima de asistencia queda fixada en 236,63 pesetas día de traballo e será percibida en vacacións e nas pagas extraordinarias de acordo co artigo 19 deste convenio.

Artigo 25º.-Prima de cumprimento.

Esta prima queda fixada en 3.569 pesetas/mes, que se perderán na contía de 713 pesetas cando se cometan dúas faltas tipificadas no Estatuto dos traballadores, así mesmo, perderase na contía de 1.435 pesetas no suposto de tres faltas, e integramente, con catro faltas, todo iso dentro do período de 30 días.

Establécense tamén como faltas, o abandono temporal do posto de traballo, e a non presencia no dito posto de traballo despois do toque de serea para o inicio da xornada, e abandono do mencionado posto de traballo antes do aviso para o seu remate.

As expresadas 3.569 pesetas serán aboadas no período de vacacións e pagas extraordinarias, de non ter sido perdida a prima en ningún dos últimos seis meses. No suposto de incapacidade temporal, aboarase na parte proporcional dos días traballados de cada mes.

Artigo 26º.-Traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

O valor de plus por traballos realizados reflectirase na correspondente ficha de traballo. Nesta ficha faranse consta-las horas previstas para realizar un traballo dado, e unha porcentaxe do tempo total que se considere traballarase baixo condicións con dereito ó plus.

A determinación ou cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso, será función do Comité de Saúde Laboral.

O expresado plus establécese así:

a) Cando se establece un só posto: 30,12 pesetas hora.

Unha vez rematado o traballo, valorarase a ficha para aboa-la prima de producción correspondente, así como as horas de plus alí reflectidas, as cales

serán independentes da actividade conseguida. Se por circunstancias alleas ó traballo a súa permanencia baixo condicións con dereito ó plus se prolonga por máis tempo do previsto, o mando correspondente deberá poñelo en coñecemento de producción para a oportuna corrección.

Estudiarase a confección dun novo libro de toxicidades, para adecualo á situación actual.

Relación dos traballos susceptibles de aboar con plus debido á súa índole de toxicidade, penosidade e/ou perigosidade.

-Carpintería:

(1,40) Vernizado a pistola.

(1,00) Traballos con tupí e cepilladoras.

(1,00) Traballos en adegas, túneles, parque de pesca, pañois, despensas, talleres, etc., dando poliuretano ou aplicando poliéster.

(1,00) Traballos en sala de máquinas.

(1,20) Traballos de habilitación na rastrelaxe metálica, colocación da de roca e en presencia de inxectado de pisos con poliuretano.

(1,00) Colocación de teito Dampa.

(0,80) Traballos en adegas con serra eléctrica non portátil.

Id. en parque de pesca.

-Electricidade:

(1,00) Limpeza de pezas e circuítos con disolventes.

(1,00) Traballos en liña e cadros baixo tensión, reparación e mantemento de liñas, túneles e transformadores.

(1,00) Traballos en sala de máquinas.

(1,00) Traballos en adegas, parques de pesca, etc., durante a aplicación de poliéster ou soldando serpentíns.

(0,50) Traballos de acomodación, colocación de quenllas, petacas, paso de cables, etc.

(0,50) Punteando escuadras e soportes en pañois, baixadas tambuches, etc.

(0,80) Colocando quenllas, tubos, luces, etc. en pao de altura superior a 4 metros.

(1,20) Lixado e estañado de barras conductoras.

-Taller mecánico e axuste:

(0,50) Traballos de pulido e arrancada de labra fina en pezas de fundición.

(1,40) Estañado de camisas, obturadores, etc.

(1,00) Recheo de camisas con antifricción.

(1,00) Limpeza de pezas con disolventes e timón.

(1,00) Traballos de axuste interior do servo e petroleado delas.

-Prefabricación e montura en estrado:

(0,90) Prefabricación en bloque popa.

(0,80) Prefabricación en bloque proa.

(1,00) Forrado bloque popa.

(1,00) Forrado bloque proa.

(1,00) Peche de adegas e sala de máquinas.

(1,20) Forrado dobre fondo e traballos en espacios de reducidas dimensións, tales como: tanques coferdams, dobre fondo, servo, etc.

(0,80) Montaxe de cubertas e forros configurando espacios cerrados tales como: habilitación entreponte, etc.

(0,80) Traballos de rectificado, endereitado e quentamento de pezas para estañado e antifricción.

-Soldadura:

(0,50) Traballos de soldadura en lugares amplos suficientemente ventilados.

(1,00) Traballos de soldadura en habilitación.

(1,40) Traballos de soldadura en interiores de tanques, dobre fondo, sentinas, coferdams e en xeral en lugares cerrados e reducidas dimensións.

(1,00) Traballos en adegas, despensas, pañois, etc.

(1,00) Traballos en cámara de máquinas.

(1,20) Traballos sobre superficies pintadas ou galvanizadas.

(1,00) Traballos en alturas superiores a 4 m sen a debida protección.

(1,00) Chafranadores soldadura autóxena.

(1,00) Repasadores.

Norma: cando no dobre fondo ou lugar cerrado, reducido e metálico realicen traballos un ou máis soldadores, colocarase un vixilante para previr posibles accidentes.

Así mesmo, os soldadores que realicen estes traballos disporán de pinzas con mangueira dotada de dispositivo de desconexión rápida.

-Oxicorte:

(1,40) Traballos de oxicorte en interiores de tanques, dobre fondo, coferdams e en lugares cerrados de reducidas dimensións.

(1,00) Traballos en salas de máquinas.

(1,20) Traballos sobre superficies pintadas ou galvanizadas.

(0,50) Traballos de oxicorte, sobre chapa con imprimación, ó aire libre.

(1,00) Traballos á altura superior a 4 m sen a debida protección.

(1,00) Traballos en lugares cerrados, como adegas, habilitación, etc.

(1,00) Soldadura autóxena.

(0,50) Traballos de oxicorte con máquina semiautomática.

Nota: a prima de toxicidade cobrarase de acordo coa relación detallada e diaria de traballos, concretando todos e cada tipo.

-Tubería e caldeirería:

(1,00) Traballos en sala de máquinas.

(1,00) Puntear, soldar conductos de ventilación ou tuberías galvanizadas en espacios cerrados.

(0,70) Traballos de instalación de tubería negra en aseos.

(1,00) Traballos en adegas, parque de pesca, gambuzas, etc., cando coincidan coa aplicación ou secado de poliéster.

(1,00) Traballos de elaboración e montaxe de redes e andeis metálicos en espacios cerrados de reducidas dimensións.

(0,70) Montaxe de bandexeiros galvanizados ou tecles en parque de pesca.

(0,80) Montaxe de barandas galvanizadas en interiores.

(0,50) Montaxe de barandas ou tubería galvanizada en exteriores.

(1,00) Instalación de tubería lixeira en tanques de dobre fondo.

(1,40) Instalación de tubería stay ou pesada en tanques e dobre fondo.

-Pintores:

(1,00) Traballos de limpeza, rascado ou pintado de interiores, limpeza de tanques de grandes dimensións.

(1,40) Limpeza de tanques, dobre fondo e espacios de reducidas dimensións.

(1,00) Pintado e cepillado de exteriores a máis de 4 m de altura.

(0,50) Traballos en gradas ou varadeiros que requiran introducirse na auga.

(1,40) Traballos de pintura en interiores de tanques con substancias excepcionalmente tóxicas.

(1,40) Pintado a pistola.

(1,20) Pintado de cemento de pantoques.

(1,20) Encalichado de tanques.

-Mantemento:

(0,50) Traballos de vixilancia a bordo, previsión contra incendios, explosións, etc., durante a aplicación de poliéster, poliuretano, desmantelamentos, reparacións, etc.

(0,50) Traballos de mantemento das centrais de osíxeno, aire comprimido e acetileno.

(1,00) Traballos en zonas moi altas como revisión e engraxado de guindastres, mantemento eléctrico, reparación de tellados.

(0,70) Traballos de electricidade e mecánica reflectidos nos talleres correspondentes.

-Buques de reparación:

Para tódolos gremios en xeral:

(1,00) Traballos en espacios abertos.

(1,20) Traballos en espacios cerrados, como salas de máquinas, adegas, etc.

(1,40) Traballos en espacios de reducidas dimensións, coferdams, dobres fondos, servos, etc.

Nota: os traballos de calquera gremio, realizados a máis de 4 metros de altura sen a debida protección efectuaranse polo coeficiente 0,80. Os traballos de calquera gremio coa pedra de esmeril cobraranse ó coeficiente 1,00.

Artigo 27º.-Prima de producción.

O sistema do método de traballo establecido na empresa é o Bedaux (sen prexuízo de posibles variacións futuras), sendo a unidade de medida neste sistema, o punto Bedaux. O rendemento normal ou mínimo esixido é equivalente a 60 puntos Bedaux por hora de traballo, sendo o rendemento óptimo normal o equivalente a 80 puntos Bedaux por hora de traballo.

A adopción deste sistema non presupón a non variación, modificación ou substitución del; é facultativo da empresa facelo así.

Cobrarán prima de producción tódolos traballadores que teñan ficha de traballo con horas valoradas e cunha actividade superior a 60 puntos/hora, cun tope máximo de 80 puntos/hora.

O valor do punto/hora establécese en 3,50 pesetas.

As horas de parada de traballo non devengarán prima de producción.

Código de paradas:

01-Falta de corrente.

02-Mal tempo, marea.

03-Manobras buques.

04-Manobras bloques, pezas, etc.

05-Asembleas.

06-Recollida de ferramentas.

07-Probas.

08-Avarías, revisións, etc.

09-Falta de traballo.

10-Falta de material.

11-Falta de ferramenta.

12-Falta de consumibles.

13-Espera outros gremios.

14-Consultar xefes.

15-Esperando guindastre.

16-Reunións comité.

17-Saídas e ausencias comité.

18-Revisión médica.

Artigo 28º.-Premios de xubilación.

A empresa premiará os seus productores que no momento da súa xubilación pertenzan ó seu cadro laboral co importe dun día de salario convenio máis a antigüidade se a houbese por cada ano de servicio na empresa. O cómputo destas anualidades finalizará cando o traballador cumpra 65 anos de idade. Tamén alcanzará este beneficio ós que teñan que cesar na empresa por incapacidade permanente absoluta. Cando o productor faleza antes da xubilación outorgarase idéntico importe por cada ano de servicio ós habentes-dereito.

Artigo 29º.-Postos de nova creación.

Sempre que sexa necesario contratar persoal para efectos de formación laboral daráselles absoluta prioridade ós fillos dos productores desta empresa que reúnan as condicións necesarias para iso e a criterio da dirección de persoal, comunicándollo ó comité de empresa.

Artigo 30º.-Axudas sociais.

Un.-A tódolos traballadores desta empresa que teñan fillos en idade escolar (de 3 a 18 anos), acreditándoo mediante certificación escolar, a empresa concederalles 6.000 ptas., por cada un deles en concepto de bolsas, no mes de outubro. O límite de idade ampliarase a 25 anos no caso de estudiantes universitarios ou profesionais.

Dous.-A empresa contratará un seguro de vida colectivo para tódolos seus traballadores que cubra os riscos de morte e invalidez por accidente de traballo ou enfermidade profesional, que cubra as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 1.500.000 ptas.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez: 2.000.000 de ptas.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios.

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

Os delegados sindicais e membros do comité de empresa disporán dun número de horas retribuídas para utilizalas nas súas funcións que se fixan así:

-A cada membro do comité de empresa elixido pola central sindical correspondente asignaráselle 5 horas máis ó mes por encima das que lle correspondan segundo o disposto no Estatuto dos traballadores ou convenio colectivo e sen que en ningún

caso poida exceder destas horas adicionais de 40 horas ó mes para o conxunto dos representantes dunha mesma central.

-Estas horas adicionais e/ou as que corresponden a cada un dos ditos representantes poderán ser desfrutadas polo delegado sindical, logo de acordo entre tódolos membros do comité de empresa pertencentes á mesma central, que deberá ser posto en coñecemento da empresa.

-Disposición dun taboleiro de anuncios.

-Disposición dun local, sempre que sexa posible.

-Desconto en nómina da cota sindical, logo da petición expresa dos traballadores.

-Reunión en locais da empresa e fóra de horas de traballo, dos traballadores afiliados, de acordo coa normativa vixente.

Todo iso sen prexuízo do mantemento doutras condicións iguais ou máis beneficiosas que poidan existir na actualidade.

No non aquí expresado seguirase o disposto na lei vixente.

Artigo 32º.-Acumulación crédito horas sindicais.

Os membros do comité de empresa pertencentes a un mesmo sindicato poderán ceder un determinado número de horas mensuais retribuídas que lles correspondan legalmente a favor dun ou máis membros do comité, afiliados ó mesmo sindicato. Para iso, os cedentes porano en coñecemento da dirección mediante autorización subscrita por eles mesmos mensualmente.

Artigo 33º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria para a interpretación deste convenio, composta de 3 representantes dos traballadores, que recaerá nos membros da mesa deliberadora e outros tres, representantes da empresa.

Artigo 34º.-Partes asinantes do convenio.

O presente convenio foi negociado e aprobado en representación da parte social, polo comité de empresa, e en representación da empresa, pola súa dirección.

Outras disposicións

1. As partes, empresa e representantes dos traballadores, consideran necesario e comprométense a adoptar cantas medidas sexan posibles que conduzan a manter un clima de normalidade laboral tendente a mellora-la producción e a reduci-lo absentismo, especialmente axudando a controla-las ausencias por IT, diminuíndo a porcentaxe actual e eliminando as causas que poidan xeralo.

2. En defecto de normas aplicables ó presente convenio e en todas aquelas materias non previstas nel, haberá que aterse ó disposto na ordenanza laboral respectiva, Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes que lle sexan de aplicación ó presente convenio.

ANEXO I

Táboa de salarios, desde 1-1-1997 ata 31-12-1997

Mensual

Quinquenio

Ptas./día

P. asistencia

Ptas./día

P. Cumprim.

Ptas./mes

Incentivo

Ptas./mes

H. extra

Persoal técnico
Enxeñeiro234.41072,26236,633.56914.000
Técnico naval194.43272,26236,633.56914.000
Médico176.41472,26236,633.56914.000
ATS153.75872,26236,633.56914.000
Perito193.32172,26236,633.56914.000
Técnico titulado193.32172,26236,633.56914.000
Axudante non titulado190.38972,26236,633.56914.0001.227
Encargado verificador174.08672,26236,633.56914.0001.109
Técnico organización 1ª162.84172,26236,633.56914.0001.646
Técnico organización 2ª155.56772,26236,633.56914.0001.530
Técnico organización auxiliar142.27472,26236,633.56914.0001.423
Xefe de 1ª190.45572,26236,633.56914.000
Xefe de 2ª174.62172,26236,633.56914.000
Proxectista 1ª181.13972,26236,633.56914.000
Proxectista 2ª165.76672,26236,633.56914.000
Delineante 1ª162.84172,26236,633.56914.000
Delineante 2ª Esp.158.11372,26236,633.56914.000
Delineante 2ª155.56772,26236,633.56914.000
Calcador144.75972,26236,633.56914.000
Auxiliar142.27472,26236,633.56914.000
Programador ordenador xefe 1ª268.98672,26236,633.56914.000
Programador ordenador xefe 2ª200.79572,26236,633.56914.000

Persoal administrativo
Xefe técnico titulado221.87472,26236,633.56914.000
Técnico titulado193.32172,26236,633.56914.000
Xefe 1ª190.45572,26236,633.56914.000
Xefe de 2ª174.62172,26236,633.56914.000
Oficial 1ª162.84172,26236,633.56914.0001.646
Oficial 2ª155.56772,26236,633.56914.0001.530
Auxiliar142.27472,26236,633.56914.0001.423
Telefonista117.11372,26236,633.56914.0001.131

Persoal subalterno
Listeiro144.48572,26236,633.56914.000
Almaceneiro141.00472,26236,633.56914.000
Chofer camión135.06872,26236,633.56914.000
Vixilante, ordenanza, porteiro136.41772,26236,633.56914.000
Limpadora54.79472,26236,633.56914.000

Persoal obreiroDiario
Oficial 1ª4.58972,26236,633.56914.0001.218
Oficial 2ª4.49172,26236,633.56914.0001.178
Oficial 3ª4.39572,26236,633.56914.0001.148
Especialista4.29972,26236,633.56914.0001.118
Peón4.24472,26236,633.56914.0001.099

ANEXO II

Cadro laboral ano 1997

Meses

Período

mes

Días

traballados

Sábados

Domingos

Días

festivos

Días

vacacións

Día

ponte

Días

prima

Horas

traballadas

Xaneiro3121441 e 621168
Febreiro28204420160
Marzo31155527, 28 e 3124, 25 e 2618120
Abril30224422176
Maio3120541 e 17221160
Xuño30214521168
Xullo3192 + 2 V2 + 2 V25182272
Agosto31103 + 2 V3 + 2 V15 e 161213 e 142080
Setembro30224422176

Meses

Período

mes

Días

traballados

Sábados

Domingos

Días

festivos

Días

vacacións

Día

ponte

Días

prima

Horas

traballadas

Outubro31234423184
Novembro302055120160

Decembro

31

14

4

5

6, 8 e 25

22,23,24,26 e 29,30 e 3121112
Totais36521752531430132511.736

-Debido a que, do total das horas fixadas en convenio, quedan sobrantes 6 horas, as mesmas serán desfrutadas a conveniencia de empresa e comité.

ANEXO III

Cadro laboral horas semanais para o ano 1997

Meses

1ª semana2ª semana3ª semana4ª semana5ª semanaTotal

días

Total

horas

DíasHorasDíasHorasDíasHorasDíasHorasDíasHoras

Xaneiro21643254054054021168
Febreiro54054054054020160
Marzo54054054015120
Abril43254054054032422176
MaioPP54054054054020160
Xuño5405405405401821168
Xullo432540VVVVVV972
AgostoVVVVV-PV-P5405401080
Setembro54054054054021622176
Outubro32454054054054023184
Novembro54054054054020160
Decembro540432540PPPP14112
Totais28224534245040050400362882171.736

4588