Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.829

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, na Comunidade Autónoma de Galicia, convocados por Orde do 19 de marzo de 1997.

Transcorridos os prazos previstos na Resolución do 7 de maio de 1997 (DOG do 19), pola que se fixo pública a lista provisional de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso

ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, convocados por Orde do 19 de marzo de 1997, e vistas as reclamacións presentadas, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a lista definitiva de admitidos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, coa indicación da modalidade de acceso pola que concorre cada aspirante e se están exentos da proba de coñecementos de lingua galega e lingua castelá nos anexos I e II desta resolución respectivamente.

Segundo.-Declarar excluídos definitivamente os aspirantes que figuran no anexo III desta resolución, polas causas que se indican.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO I

LISTA ALFABÉTICA POR DISCIPLINA DE ADMITIDOS

CORPO DE PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

ANEXO II

LISTA ALFABÉTICA POR DISCIPLINA DE ADMITIDOS

CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

ANEXO III

LISTA ALFABÉTICA POR CORPOS DE EXCLUÍDOS

4817