Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-551/1996 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e ó seu Regulamento do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días as alegacións que se consideren convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 19 de maio de 1997.

Manuel Francisco Gutiérrez

Instructor

ANEXO

-Expediente: I-551/96.

Denunciado: Nacimento Martínez González.

Último enderezo coñecido: r/ Cigarreira-Cequeliños, 36439 Arbo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000.

4455