Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-80/1997 e oito máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-80/1997, I-113/1997, I-121/1997, I-150/1997, I-152/1997, I-154/1997, I-166/1997, I-172/1997, I-181/1997) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e ó seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, os cales poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá pór fin ó expediente. Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de DCIF sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 19 de maio de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: I-80/97.

Denunciado: Manuel Car Ares.

Último enderezo coñecido: Doctor Carracido, 31-2º, 36205 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

-Expediente: I-113/97.

Denunciado: Manuel R. dos Anjos.

Último enderezo coñecido: A Relva-Torneiros, 36410 O Porriño.

Feito denunciado: queima sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 137 b) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

-Expediente: I-121/97.

Denunciado: Ángel Estévez Vilaso.

Último enderezo coñecido: Mourelle, 10, 36313 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

-Expediente: I-150/97.

Denunciado: Manuel Caniña Alfonso.

Último enderezo coñecido: Parda, 3, 36004 Pontevedra.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

-Expediente: I-152/97.

Denunciado: Mn. Pilar Cortes Loras.

Último enderezo coñecido: Pizarro, 4, 33212 Xixón.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

-Expediente: I-154/97.

Denunciado: J. Manuel Pomar Sánchez.

Último enderezo coñecido: Alzamira, 9, 36002 Pontevedra.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

-Expediente: I-166/97.

Denunciado: José Cabaleiro Fernández.

Último enderezo coñecido: Ferreiras, s/n, 36540 Silleda.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

-Expediente: I-172/97.

Denunciada: Consuelo Montoya Jiménez.

Último enderezo coñecido: O Bao, 36163 Poio.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

-Expediente: I-181/97.

Denunciado: Cacabelos y Vila, S.L.

Último enderezo coñecido: Castrelo-Xesteiriña, 36630 Cambados.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000 pesetas.

4400