Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de maio de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Juana número 5, a favor de José Miguel Outeiral Miranda.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da

transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Juana nº 5.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 109.

Data da concesión: 8-3-1967.

Data de finalización da última prórroga: 24-3-2007.

Anterior concesionario: Encarnación Sánchez Súarez e José Mª Lojo Costas.

Novo titular da concesión e batea: José Miguel Outeiral Miranda.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 20 de maio de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4606