Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

* V-1774; XG-124, entre As Minas de San Fins e Noia, con anexo de Ces a Escabia, e,

* V-2487; XG-241, entre Beluso e Noia, con prolongación a Escabia,

da titularidade de Autos Comparado, S.L.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

4631