a) Asistencia técnica.
1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada OU-104, treito Alto do Couso-Maceda.
Clave: N/OU/96.3.
Orzamento: catro millóns cento dúas mil cincocentas corenta e nove pesetas (4.102.549).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas, ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 1.
(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural
que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
g) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
4632