Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos das obras que se citan (RC-PO-97.3 e dúas máis).

De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial resolve publica-las adxudicacións dos seguintes contratos:

-Clave: RC-PO-97.3.

Título da obra: apertura e urbanización da rúa do Cruceiro no concello das Neves.

Empresa adxudicataria: Movexvial, S.L.

Importe da adxudicación: 9.768.801 pesetas.

-Clave: RC-PO-97.15.

Título da obra: paso inferior na C-533 Lalín-Rodeiro, p.k. 174,750. Concello de Lalín.

Empresa adxudicataria: Construcciones Fernández Sarmiento.

Importe da adxudicación: 10.172.774 pesetas.

-Clave: RC-PO-97.18.

Título da obra: mellora da seguridade vial na C-550. Treito Cambados-O Grove, p.k. 45,871/48,084. Concello do Grove.

Empresa Adxudicataria: Amando, S.A.

Importe da adxudicación: 12.530.259 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 26 de maio de 1997.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

4426