Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.787

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO CARBALLIÑO

EDICTO (64/1997).

Eu, María Elena Muruais Bao, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Carballiño fago público que neste xulgado se tramita co nº 64/1997, expediente sobre declaración de herdeiros abintestato de José González Vázquez, natural de San Amaro, Ourense, nado o día 19 de setembro de 1950, falecido sen testa-lo 7 de novembro de 1996 en Thusis (Grisones-Suíza), reclamando a súa herdanza os seus irmáns Emilio, Cándida, Manuel, Isaura, Amelia e Juan Antonio González Vázquez, e os seus sobriños María de los Ángeles, María José e Montserrat González González, fillos da súa irmá Serafina González Vázquez, falecida o 13 de decembro de 1982, acordado por resolución desta data chamar polo presente edicto os que se crean con igual ou mellor dereito, para que comparezan no xulgado para reclamalo dentro do prazo de trinta días, conforme dispón o artigo 984 da Lei de axuizamento civil.

O Carballiño o nove de abril de mil novecentos noventa e sete.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4388