Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.786

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (19/1997-1).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución do día de hoxe, dictada en autos de xurisdicción voluntaria sobre consignación de chaves número 19/1997-1, promovidos por instancia de José Castro Pérez, defendido pola letrada Luisa González, contra os herdeiros de Manuel Coto Gómez, acordouse por medio da presente cédula cita-los posibles herdeiros de Manuel Coto Gómez co fin de que comparezan o vindeiro día 26 de xuño, ás 9.30 horas, para a celebración da oportuna comparecencia, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

E para que así conste e lles sirva de citación ós posibles herdeiros de Manuel Coto Gómez, mediante a publicación no DOG, expido a presente cédula

en Santiago de Compostela o dezaseis de maio de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3616