Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.786

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (302/1996).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, en autos de xuízo de separación conxugal, seguidos neste xulgado co número 302/1996, por instancia de Eva Patricia Hermo Muñiz, representada polo procurador en quenda de oficio, Peleteiro Bandín, pola presente cédula emprácese a parte demandada, Ramón Manuel Bermúdez González para que, no termo improrrogable de nove días que lle restan, compareza en autos en forma e conteste a demandada formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser

declarado en rebeldía e de recaer sobre el os demais prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

Ribeira, trece de maio de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria xudicial

Rubricado

Parte demandada que se vai emprazar: Ramón Manuel Bermúdez González

4279