Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.786

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (75/1997).

En virtude do acordado polo xuíz do Juzgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, e de conformidade con providencia dictada con esta data nos autos de separación conxugal 75/1997, seguidos por instancia de Lucía Estévez Campaña, representada polo procurador José Manuel Novoa Núñez (de oficio), contra Juan Antonio Paz Brión e Ministerio Fiscal, maior de idade, casado, do que se ignora o seu actual domicilio e paradoiro e na providencia do cal se acordou empraza-lo referido demandado para que, no termo de vinte días, compareza nestes autos en legal forma e conteste a demanda presentada, coa prevención de que se non comparece será declarado en rebeldía e recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para a súa inserción no BOP e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, para que lle sirva de emprazamento en legal forma ó demandado referido, expido o presente edicto en Ribeira o dezaoito de abril de mil novecentos noventa e sete.

A Secretaria

Rubricado

3898