Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel Tryp María Pita.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel Tryp María Pita que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-4-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 5-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo entre a empresa Tryp, S.A.

e o seu establecemento Hotel María Pita

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e de aplicación.

O presente convenio afecta e obriga á empresa TRYP SA e ós traballadores que presten os seus servicios no Hotel María Pita ou a aqueles que durante a vixencia deste convenio se incorporen a el.

Artigo 2º.-Partes asinantes.

-En representación da empresa:

José Sanz Alberola.

Tomás Baztarrica Azagra.

-En representación dos traballadores:

Juan Ramón Uña Acedo.

Miguel Ángel Fernández Rubio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O convenio terá unha duración de dous anos, desde o un de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1998.

Con independencia da data en que apareza publicado este convenio no Diario Oficial de Galicia, terá efectos retroactivos ó día 1 de xaneiro de 1997.

Salvo denuncia expresa e válida, o convenio prorrogarase automaticamente por prazos iguais ó da súa duración inicial. Enténdese por denuncia válida a efectuada por escrito certificado dirixido á outra parte cunha antelación mínima de dous meses á data de expiración do convenio ou prórroga, se é o caso.

Artigo 4º.-Absorción e compensacións.

As condicións establecidas neste convenio consideradas en cómputo anual e globalmente poderán ser compensadas coas xa existentes no momento de entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe, procedencia, causa ou natureza delas.

Igualmente, as condicións establecidas neste convenio poderán ser absorbidas por outras condicións superiores fixadas por disposición legal, contrato individual, concesións voluntarias, etc. que puidesen aplicarse no sucesivo, calquera que sexa a súa orixe, procedencia, causa ou natureza delas.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, en consecuencia, a nulidade ou invalidez dalgunha das súas cláusulas ou condicións levará consigo a nulidade da totalidade do convenio, que deberá ser negociado de novo.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

As partes asinantes acordan establecer unha comisión paritaria, como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do cumprimento do convenio e do desenvolvemento e regulación das relacións laborais.

A dita comisión estará formada por dúas persoas designadas pola empresa e por dous membros da representación dos traballadores, e deberá constituírse no prazo de trinta días a partir do asinamento do presente convenio.

Capítulo II

Contratación, cesamentos, mobilidade, ascensos

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente, correspóndelle á dirección da empresa.

As relacións laborais enténdense en todo momento na mutua confianza e respecto entre empresa e traballadores.

Artigo 8º.-Normas comúns de contratación.

A empresa poderá contratar traballadores de acordo coas modalidades previstas na lexislación vixente ou coas que en calquera momento poidan existir.

Os contratos de traballo que se subscriban por escrito serán rexistrados na oficina de emprego do INEM no prazo máximo de 20 días desde o inicio da relación laboral. Unha copia do contrato rexistrado deberá entregárselle ó traballador no prazo máximo de 15 días desde o día seguinte ó do seu rexistro.

De acordo co previsto na lexislación vixente, a empresa entregará unha copia básica do contrato á repre

sentación legal dos traballadores, excepto dos contratos de dirección.

Artigo 9º.-Contratos formativos.

Os aprendices que se contraten a partir da data percibirán unha retribución bruta de 69.024 ptas. (sesenta e nove mil vintecatro) mensuais. En caso de incapacidade laboral transitoria, a empresa non aboará as cantidades recollidas no artigo 25, posto que non percibe ninguha compensación.

Respecto dos contratos en prácticas, a súa retribución será do 60% e do 75% para o 1º e o 2º ano, respectivamente, da retribución que para cada categoría profesional estea fixada neste convenio.

Artigo 10º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba que non excederá de 90 días laborais para os xefes ou 2º xefes de departamento, nin de 30 días laborables para o resto de categorías profesionais, calquera que sexa a modalidade da contratación utilizada.

Durante este período calquera das partes poderán resolve-lo contrato de traballo sen aviso previo e sen dereito a ningunha indemnización.

Artigo 11º.-Cesamento voluntario. Prazo de aviso previo.

Cando un traballador cese na empresa voluntariamente, deberá comunicarllo por escrito, de acordo cos seguintes prazos de aviso previo:

a) Trinta días para xefe e segundo xefe de departamento.

b) Quince días para o resto do persoal.

O incumprimento por parte do traballador da obriga de avisar previamente coa obrigada antelación dará dereito á empresa a descontar na liquidación deste o importe do salario dun día por cada atraso no aviso.

Recibido o aviso coa antelación referida, a empresa estará obrigada a liquidar, ó finaliza-lo prazo, os conceptos fixos que poidan ser calculados ata ese momento. O resto deles seranlles aboados no momento habitual do pagamento.

O incumprimento desta obriga imputable á empresa levará aparellado o dereito do traballador a ser indemnizado co importe dun día de salario por cada un de atraso ata o límite máximo dos días de aviso previo.

Artigo 12º.-Ascensos.

Os ascensos de categoría produciranse tendo en conta a formación e capacidade, dentro das facultades organizativas da empresa. A categoría de xefe ou 2º xefe de departamento será de libre designación da empresa. Para o resto de categorías solicitarase informe previo da representación dos traballadores.

Artigo 13º.-Polivalencia funcional.

O traballador poderá ser contratado coa condición de polivalente, dentro ou fóra do mesmo grupo profesional, respectando a súa dignidade e capacidade técnica para desempeñalo.

Páctase a polivalencia de funcións que se describen a continuación. A precitada polivalencia funcional non

xerará o dereito a reclama-la categoría profesional superior nin a diferencia retributiva.

En todo caso, ademais das funcións que lle son propias de cada categoría ou departamento, asumiranse as seguintes funcións:

-Recepción, teléfonos e conserxería. Ademais das funcións propias, asumirán a reclamación de créditos, apoio á Comercial, mozo de equipaxes, etc.

-Mozo de equipaxes, mozo de cuarto, porteiro, axudante de camareiro. Ademais das propias, asumirán as funcións de atende-lo teléfono e a conserxería, realizar xestións fóra do hotel, vixilancia de noite, pequenos traballos de mantemento, axudarán ó departamento correspondente á montaxe de salóns, etc.

-Camareira de pisos, limpadora, lenceira, fregadora. Ademais das propias, realizarán as de cada unha das respectivas categorías, retirar e leva-las bandexas ó office da planta, subir e baixa-la roupa, saca-lo lixo, etc.

-Restaurante e bar. Realizarán, ademais das propias, as de montaxe de salóns, retirar pedidos do almacén, servicio de cuartos, montaxe de buffet de almorzos, atende-la cafetería, preparación de postres, etc.

-Cafetería. Realizarán, ademais das súas propias, as de axudar en cociña, saca-lo lixo, retira-los pedidos do almacén, axudar a monta-lo buffet de almorzos, etc.

-Cociña. Páctase a polivalencia dentro dela, cubrindo ademais o office e a pratería.

-Servicio técnico. Realizarán tódalas funcións inherentes á fontanería, electricidade, calefacción, pintura, carpintería, etc., mesmo as de mozos de equipaxes cando sexa necesario.

Capítulo III

Xornada. Descanso semanal. Vacacións. Excedencias. Horas extraordinarias

Artigo 14º.-Xornada.

Durante a vixencia deste convenio, a xornada máxima anual será de 1.824 horas de traballo efectivo, equivalente a aplicar en cómputo anual a xornada de 40 horas semanais de media; polo tanto, o seu cómputo, distribución e control será anual.

Por traballo efectivo, entenderase que o traballador deberá encontrarse, tanto ó comezo como ó final da xornada laboral, no seu posto de traballo en condicións de realiza-las súas funcións profesionais.

Nas xornadas continuadas que excedan de 5 horas de duración haberá un descanso de 20 minutos que se considera tempo de traballo efectivo. Se este tempo de descanso se destinase para a toma dalgunha comida poderá ampliarse en 10 minutos, entendéndose que cando supere os 20 minutos irá por conta do traballador, e deberao recuperar dentro da mesma xornada.

En caso de necesidades de servicio por grupos, banquetes, vacacións, incapacidade temporal, contratacións non previstas, etc. por petición da empresa, prolongarase a xornada.

As prolongacións estarán compensadas con reduccións de xornada ou a súa equivalencia en períodos de descanso.

Polas necesidades a que fai referencia o apartado anterior, a empresa poderá cambia-las quendas e días de libranza. Igualmente, e polas citadas necesidades, a empresa poderá parti-las referidas quendas de traballo.

Artigo 15º.-Descanso semanal.

Polas precitadas necesidades do servicio poderanse acumula-las dúas festas de descanso semanal en períodos de dúas semanas.

Artigo 16º.-Calendario laboral.

A elaboración e fixación do calendario laboral anual é facultade da dirección da empresa, en función das súas situacións económicas, técnicas, organizativas e de producción, que o elaborará nos trinta primeiros días hábiles de cada ano. Establecerase co comité de empresa.

No caso de desacordo, a empresa e os representantes dos traballadores someterano á arbitraxe da autoridade laboral.

Artigo 17º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións ó ano, dentro do ano natural, que se poderán desfrutar en bloque ou fraccionados en dous períodos segundo necesidades de traballo. Aqueles que non leven un ano de traballo efectivo terán dereito a desfruta-la parte proporcional, computanto para estes efectos o ano natural.

Poderanse excluí-los meses de maio, xullo, agosto, setembro e outubro, por se-los de maior ocupación do hotel.

A situación de incapacidade laboral transitoria ou accidente de traballo non interromperá o desfrute do período vacacional, unha vez estea preestablecido o calendario.

Con independencia das vacacións, os traballadores desfrutarán dos días non laborables legalmente establecidos.

Artigo 18º.-Permisos retribuídos.

O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Catro días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillos, fillos políticos, irmáns, irmáns políticos, pais, pais políticos e avós. Cando por tal motivo o traballador necesitase facer un desprazamento fóra da provincia, o permiso será de cinco días.

c) Un día para vodas de fillos, irmáns, irmáns políticos, pais ou pais políticos.

d) Un día por cambio de domicilio habitual.

e) O tempo indispensable para a asistencia a exames e o traballador quedará obrigado a xustifica-la súa asistencia ás probas.

f) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderán dividir en dúas fraccións.

Artigo 19º.-Excedencias.

Os traballadores con polo menos dous anos de antigüidade na empresa terán dereito a solicitar excedencia voluntaria non inferior a seis meses nin superior a cinco anos, causando baixa definitiva o excedente que non solicite o seu reingreso cunha antelación mínima de trinta días á data de vencemento.

Os traballadores afectados polo presente convenio, que sexan fixos do cadro de persoal, poderán solicitar excedencia voluntaria, no caso de enfermidade grave de pais, cónxuxe ou fillos ó seu cargo, sempre que o xustifiquen debidamente e polo prazo indispensable.

Para acollerse a outro período de excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de catro anos ó servicio da empresa.

Aqueles traballadores que resulten elixidos para cargos de representación sindical, de nivel comarcal, provincial ou nacional, poderán solicitar excedencia polo tempo que dure o período de elección para o dito cargo.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Terán esta consideración todas aquelas horas de traballo que se realicen sobre a duración máxima da xornada irregular pactada no artigo 14 e que non sexan compensadas segundo o establecido nel.

Tódalas horas extraordinarias que se realicen, tanto as voluntarias como as obrigatorias ou as estructurais, compensaranse con períodos equivalentes de descanso.

Caso de non ser posible a compensación en tempo de descanso, as horas extraordinarias aboaranse ó mesmo prezo que a hora ordinaria.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 21º.-Condicións salariais.

O réxime salarial aplicable a tódolos traballadores afectados polo presente convenio estará formado unicamente e na súa totalidade polos seguintes conceptos retribuídos (salario base, plus convenio, gratificacións extraordinarias e complemento salarial de manutención), recollidos expresamente neste artigo:

21.1. Salario base.

É o reflectido no anexo I do presente convenio na columna encabezada baixo o título salario base.

21.2. Diferencia de convenio.

É o reflectido no anexo I do presente convenio na columna encabezada baixo o título diferencia de convenio.

21.3. Gratificacións extraordinarias.

A empresa aboaralles ós traballadores dúas pagas extraordinarias, que se farán efectivas os días 20 de xullo e 20 de decembro e estarán formadas polo salario base da táboa salarial anexa.

No mes de setembro aboarase unha paga extraordinaria, consistente en 15 días do citado salario base máis o 50% do complemento de manutención.

Aqueles que ingresen ou cesen no transcurso do ano percibirán estas gratificacións en contía proporcional ó tempo traballado.

21.4. Complemento salarial de manutención.

O complemento salarial de manutención en especie fíxase en 5.053 ptas. (cinco mil cincuenta e tres pesetas) mensuais. A súa compensación será en metálico para todo aquel traballador que non o perciba en especie. O dito complemento atópase incluído na diferencia de convenio na táboa salarial.

Capítulo V

Condicións sociais

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

Cando a empresa esixa para o traballo determinada modalidade de roupa, terá a obriga de facilitarlla ó seu cargo. Non obstante, a empresa poderá substituír esta obriga pola entrega anual en metálico do seu valor equitativo.

En todo caso, a non esixencia pola dirección de determinada modalidade de roupa non escusa a obriga do traballador de realiza-las súas funcións de acordo coas normas usuais de hixiene.

Artigo 23º.-Xubilación.

A idade obrigatoria de xubilación establécese nos 65 anos, sempre e cando o traballador reúna os requisitos legalmente establecidos para acceder á prestación por este concepto.

Ó producirse a xubilación do traballador, que leve como mínimo 10 anos ó servicio da empresa ou sufra unha incapacidade total ou absoluta, percibirá desta o importe de tres mensualidades, que estarán integradas polo salario base da táboa salarial anexa. Cada cinco anos máis que exceda dos dez, terá dereito a unha mensualidade máis.

Artigo 24º.-Xubilación especial ós 64 anos.

As partes acordan a posibilidade de xubilación ós 64 nos na forma articulada polo Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 25º.-Enfermidade e accidente.

Durante os períodos de baixa por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral o traballador percibirá o seu salario da seguinte maneira:

-Desde o 1º ó 3º día non se percibirá salario.

-Desde o 4º ó 15º o 60 % da base de cotización do mes anterior.

-Desde o 16º ó 30º, o 75% dos mesmos importes do punto anterior.

-A partir do 31º día e ata un período máximo de seis meses, o 100% do salario.

En caso de que a situación de incapacidade temporal derive de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa aboará o 100% desde o primeiro día ata un máximo de seis meses.

Se a empresa substitúe o traballador en IT ou accidente por outro traballador con contrato de interinidade, o traballador substituído percibirá exclusivamente o subsidio que corresponda desde o mesmo momento en que fose sustituído. Igualmente, nos períodos de IT ou acci

dente superiores ós seis meses, o traballador percibirá o subsidio que corresponda de acordo coa Seguridade Social.

Artigo 26º.-Auxilio de defunción.

En caso de falecemento do traballador ou traballadora, concederáselle á viúva, viúvo ou fillos un auxilio de defunción na seguinte contía e forma:

1. Por cinco anos de servicio: 1 mensualidade.

2. Por dez anos de servicio: 2 mensualidades.

3. Por vinte anos de servicio: 3 mensualidades.

4. Por vintecinco anos de servicio: 4 mensualidades.

Ó persoal que non leve os cinco anos de servicio na empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado na contía de seis días por ano de servicio.

Artigo 27º.-Póliza de seguro de accidentes.

A empresa contratará para todo o persoal afectado por este convenio un seguro de accidentes durante a prestación de traballo ou in itinere, de morte ou invalidez permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, pola cantidade de dous millóns e medio de pesetas para cada un dos dous casos mencionados anteriormente.

Capítulo VI

Servicios extraordinarios

Artigo 28º.-Servicios extraordinarios.

A contía que se vai aboar por este concepto para tódolos traballadores pactarase de mutuo acordo en función do tipo de servicio extraordinario e do número de horas deste.

Capítulo VII

Dereitos sindicais

Artigo 29º.-Dereitos sindicais e de representación dos traballadores na empresa.

Nesta materia haberá que aterse ó disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, Estatuto dos traballadores e demais normas.

Os representantes dos traballadores terán un crédito de horas sindicais para o exercicio da súa representación de 15 horas mensuais, e para o seu uso deberán avisar previamente por escrito cunha antelación mínima de 24 horas. Posteriormente teranse que xustificar.

Cláusula adicional única.

Revisión salarial. Única revisión salarial que haberá que facer durante a vixencia deste convenio, efectuarase a partir do 1 de xaneiro de 1998, incrementándose as táboas salariais e os seus pluses no % que o Goberno fixe como previsión de inflación para ese ano.

Cláusulas derradeiras.

Primeira.-Acordo laboral do sector de hostelería.

As partes acordan o sometemento expreso ó previsto no acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostelería do trece de xuño de mil novecentos noventa e seis, nas materias que traten, e na resolución de equiparación de categorías do vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Segunda.-Dereito supletorio.

No non previsto neste convenio haberá que aterse ó establecido na lexislación vixente.

Terceira.-Resolución de conflictos.

As partes asinantes do presente convenio acordan, en caso de conflictos xurdidos como consecuencia da aplicación e interpretación deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo establecidos no Acordo Interprofesional Galego (AGA).

Cuarta.-Paz laboral.

As partes comprométense a respecta-la paz laboral durante o período de vixencia deste convenio no que ó seu contido se refire.

A Coruña, 18 de marzo de 1997.

TÁBOA SALARIAL ANEXA I

SALARIOS BRUTOS 1997

CategoríasSalario baseDif. convenioTotal

Xefe de recepción107.24879.597186.845
2º xefe de recepción105.60159.262164.863
Contable xeral107.24899.614206.862
Oficial contabilidade102.48229.405131.887
Recepcionista102.48240.399142.881
Axudante recepción100.81525.578126.393
Telefonista100.81525.578126.393
Xefe de cociña107.248167.520274.768
2º xefe de cociña105.601114.214219.815
Xefe partida102.48262.381164.863
Cociñeiro100.84037.208138.048
Axudante de cociña97.71612.194109.910
Reposteiro102.48262.381164.863
Xefe de economato100.84075.011175.851
Marmitón94.42811.763106.191
Fregadora94.42815.482109.910
Xefe de comedor107.248112.568219.816
2º xefe de comedor105.60170.250175.851
Xefe de sector103.95944.416148.375
Camareiro103.72917.170120.899
Axudante de camareiro97.71612.194109.910
Gobernanta105.60170.250175.851
2º gobernanta102.48219.638122.120
Camareira pisos97.71612.194109.910
Mozo cuarto97.71612.194109.910
Vixilante noite97.71634.171131.887
Porteiro de acceso97.71612.194109.910
Mozo de equipaxes97.71612.194109.910
Mozo dos recados 16-18 anos94.4289.983104.411
Lencería lavandeira94.42815.482109.910
Limpadora94.42815.482109.910
Encargado traballo107.24885.091192.339
Mecánico-Calef.97.71634.171131.887
Promotora102.48240.399142.881
RR.PP.102.48240.399142.881
Secretaria dirección102.48240.399142.881
Reservas102.48240.399142.881

4588