Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 139/1997, do 5 de xuño, polo que se desafecta do dominio público un soar de 157,5 m, sito na Avenida da Florida, número 7, de Vigo (Pontevedra).

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes

da súa afectación, cesará a súa natureza de dominio público e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa, respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O apartado segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta, logo da instrucción do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

A Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda manifestou que o dito soar non era necesario para o servicio de estradas ó que se atopaba afectado.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de xuño de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público un soar de 157,05 m, sito no número 7 da Avenida da Florida de Vigo (Pontevedra).

Artigo 2º

O inmoble anteriormente descrito adquire natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

4601