Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de convocatoria pública para a provisión do cargo de xuíz de paz deste concello.

Obxecto: a provisión do cargo de xuíz de paz deste concello.

Presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello ou nas oficinas a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación da convocatoria no BOP e no DOG.

A solicitude irá acompañada dos seguintes documentos:

1. Certificado de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI.

2. Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1.a), referente a se se atopa inculpado ou procesado.

3. Xustificante dos méritos que alegue o concursante.

Requisitos dos aspirantes: ser español, maior de idade e non estar incurso nas causas de incapacidade que establece o artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.

Teo, 19 de maio de 1997.

Armando Blanco Martínez

Alcalde