Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28 de maio de 1997, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan Especial de Mellora do Medio, polígono comercial Barreiros, sector urbano (terciario).

Segundo.-Darlle cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no DOG e BOP e a documentación que conteña a normativa e ordenanzas no BOP.

Así mesmo comunicaráselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a aprobación definitiva, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento de planeamento aprobado.

Contra o acordo que se publica, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso) no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública.

San Cibrao das Viñas, 2 de xuño de 1997.

A alcaldesa

Rubricado

4287