Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERDIDO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en Pleno deste concello, en sesión extraordinaria celebrada con tódolos requisitos legais o día 7 de xuño de 1997, acordou, prestar aprobación definitiva a modificación puntual da delimitación do solo urbano no lugar de Vila da Igrexa en Cerdido e de Felgosas, na Barqueira, concello de Cerdido, sendo a parte dispositiva do mencionado acordo a seguinte:

1º. Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual da delimitación do solo urbano, no lugar de Vila da Igrexa en Cerdido, e de Felgosas, na Barqueira, deste concello con destino a vivendas sociais.

2º. Que se lle de cumprimento ó que dispón o apartado b) do artigo 8 da Lei 7/1995, e o 48 da Lei 1/1997, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP, da presente aprobación definitiva.

3º. Daráselle traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da dita aprobación, enviando copia debidamente compulsada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado con tódolos planos e documentos que integran o plan sobre o que recae

a dita aprobación debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

4º. A eficacia do acto de aprobación definitiva da modificación quedará condicionada á recepción do expediente completo na consellería referida e á publicación á que fai referencia o punto 2.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer directamente e no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo de comunicación ó órgano autor do acto ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Cerdido, 5 de xuño de 1997.

Bernardino Breijo Freire

Alcalde

4286