Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO da aprobación definitiva das modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento de Burela.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 15 de maio de 1997, co quórum da maioría absoluta do número legal dos membros da corporación, adoptou o seguinte acordo:

1º Aprobar definitivamente as modificacións puntuais nº 1, 3, 5 e 6 das normas subsidiarias de planeamento de Burela, tendo como obxectivos os seguintes:

-M1: definición do trazado do paseo marítimo de Burela.

-M3: reaxuste de aliñacións na interxección circunvalación-rúa do Portelo.

-M5: axuste de cualificacións na zona da Casa do Concello.

-M6: sinalamento dun novo vial na travesía do Porto.

2º Publica-lo acordo de aprobación definitiva no BOP e no Diario Oficial de Galicia, publicando igual

mente no BOP o documento que conteña a normativa e ordenanzas de acordo co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

3º Dar traslado do presente acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, xuntando copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares das modificacións aprobadas, con tódolos planos e documentos que integran o proxecto, debidamente dilixenciados.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Contra o dito acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de llo comunicar ó órgano que dictou o acto, conforme o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.

Burela, 4 de xuño de 1997.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

4647