Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes incoados por infracción á Lei de pesca fluvial, P-232/1996 e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberán utiliza-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

Lugo, 26 de maio de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: P-232/96.

Denunciado: Emilio Roca Pérez.

DNI: 32.260.855.

Último enderezo coñecido: Xeneral Mola, 23-3º, Sada (A Coruña).

Feitos imputados: practica-la pesca con cebo natural (saltón), infrinxindo a orde de vedas 16-2-1996 (DOG 29-2-1996), o día 20-7-1996 no Couto de S. Martín.

Precepto sancionador: artigo 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 20.000 ptas. de multa.

-Expediente: P-248/96.

Denunciado: José Manuel Vázquez Silva.

DNI: 76.612.015.

Último enderezo coñecido: Alalaya, 3-3º A, Cervo (Lugo).

Feitos denunciados: pescar ciprínidos en lugar onde está prohibido, infrinxindo a orde de vedas 16-2-1996 (DOG 29-2-1996). Feitos constatados o día 18-8-1996 no río Miño (Chantada).

Precepto sancionador: artigo 34.6 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

Artes comisadas: devolución da cana logo de aboamento da sanción; está depositada nesta delegación provincial.

-Expediente: P-253/96.

Denunciado: Florentino Valentín Pérez.

DNI: 10.034.664.

Último enderezo coñecido: Juan de Urbieta, 4, Bilbao-Biscaia.

Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca sen licencia en época de veda. Feitos constatados o 23-8-1996 na Ponte Nova de S. Clodio, Ribas de Sil-Quiroga.

Precepto sancionador: artigo 34.1 e 34.8 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 75.000 ptas. de multa.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

Artes comisadas: devolución da cana logo de aboamento da sanción; está depositada no cuartel da Garda Civil de Quiroga.

-Expediente: P-274/96.

Denunciado: Agustín Méndez Santos.

DNI: 44.461.762.

Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca en época de veda o día 1-11-1996 no encoro dos Peares-río Miño, infrinxindo a orde de vedas 16-2-1996 (DOG 29-2-1996).

Último enderezo coñecido: Camiño Real-Cambeo, 130, Coles-Ourense.

Precepto sancionador: artigo 34.6 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

Artes comisadas: devolución da cana logo de aboamento da sanción; está depositada nesta delegación provincial.

4394