Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-53/1997 e P-62/1997, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria da delegación provincial, a cal pode ser recusada en calquera momento do expediente de concorren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 26 de maio de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-53/97.

Denunciado: Avelino Pérez Álvarez (DNI 33.803.978).

Último enderezo coñecido: r/ Principado,9, Las Vegas-Corvera-Asturias.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Orde 17-2-1997 (DOG 26-2-1997) da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ó ter capturado 3 troitas de tamaño inferior (18 cm); o día 23-3-1997 no río Lama-A Fonsagrada.

Precepto sancionador: artigo 33.9 da Lei 7/1992.

Calificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa e 9.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

-Expediente nº: P-62/97.

Denunciado: Jesús Jaime Alonso Rodríguez (DNI 46.335.050).

Último enderezo coñecido: c/ San Francisco, 17-baixo, Ourense.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca; o día 21-3-1997, no río Miño, encoro de Belesar (lugar de Sabadelle, marxe dereita), Chantada-Lugo.

Precepto sancionador: 34.1 da Lei de pesca.

Calificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

4397