Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.744

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (271/1995).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción seis de Santiago de Compostela, fago saber, que no devandito xulgado e co número 271/1995, se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia de Financiera Maderera, S.A., contra Componentes de Muebles, S.A., no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e termo de 20 días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que teña lugar o acto de remate na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día 25 de setembro de 1997, ás 10 horas, coas seguintes prevencións:

Primeira.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda.-Os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., número 1500-17-027195, unha cantidade polo menos igual ó 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose constar o número e ano do procedemento, requisito sen o que non serán admitidos, e non se aceptará a entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceira.-Unicamente o executante poderá concorrer en calidade de cedérlle-lo remate a terceiros.

Cuarta.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o día 24 de outubro de 1997, ás 10 horas, para a que servirá de tipo o 75% do que se sinalou para a primeira poxa, séndolles de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para que teña lugar a terceira, o día 28 de novembro de 1997, ás 10 horas, a que terá lugar sen suxeición a tipo, e debe consignar quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por causa de forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar no seguinte día hábil, á mesma hora, excepto os sábados.

Bens que se sacarán a poxa e o seu valor.

Perfiladora chapeadora de canto, marca olimpic, modelo 2000 Horizón, ano de fabricación 1992, matrícula 911105; fáltalle convertedor, avance, alimentador e programa. Valor 13.378.550 ptas.

O presente edicto serve de notificación en forma á demandada Componentes del Mueble, S.A., en paradoiro descoñecido.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4562