Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.742

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (23/1996).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 23/1996,

por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Severino Vieites Tejo, nos que se acordou sacar a poxa pública polo termo de vinte días, os bens que despois se dirán coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate da primeira poxa o vindeiro día 5 de setembro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 4.095.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase desta a primeira poxa, sinalouse para a segunda o vindeiro día 6 de outubro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que serviu para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda poxa, sinalouse para a terceira o vindeiro día 6 de novembro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Na primeira e segunda poxa non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, bardante o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0023/96, presentando o xustificante de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalas os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador as acepta como bastante, sen que se poida esixir ningunha outra, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do autor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na responsabilidade de satisfacelos, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderanse facer ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, trasládase o día no que terán lugar para o seguinte hábil dentro da semana na que se tivese sinalada a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvante a que lle corresponda ó mellor licitador, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento en que teña lugar a poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxu

dicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa.

1. O predio chamado Pena da Revolta, dedicado a monte, próxima ó lugar de Covas. Mide dezaseis áreas e vinteseis centiáreas. Linda: polo norte, máis de Severino Vieites; sur, camiño; leste, Obdulia Seoane e oeste, Manuel Midón. Referencia catastral polígono 62, parcela 43.

Valoración: 1.200.000 pesetas.

2. Predio na mesma situación de Pena da Revolta, unido ó anterior, dedicado a monte. Mide dúas áreas e sesenta e sete centiáreas. Linda: norte, Élida Cepeda; sur, o anterior predio deste propietario; leste, Obdulia Seoane e oeste, Manuel Midón. Referencia catastral, polígono 62, parcela 45.

Valoración: 200.000 de pesetas.

3. Predio dedicado a labradío, próximo ós anteriores, no sitio de Fondo da Revolta. Mide vintetrés áreas e setenta centiáreas. Linda: polo norte, Rosa Vieites Barcia; sur, Severino Vieites Barcia; leste, Manuel Cepeda González e oeste, Josefa Seoane Carro. Referencia catastral, polígono 503, parcela 9.097.

Valoración: 2.370.000 pesetas.

4. Predio dedicado a monte, no sitio de Fonte de Fóra. Mide quince áreas. Linda: polo norte, Beatriz Suárez Iglesias e Manuela Tallón; sur, Mercedes Vales, Salomé Barreiro e outro predio de Severino Vietes; leste, Filomena Boo e outros propietarios e oeste, camiño e Severino Vieites. Referencia catastral, polígono 89, parcela 127.

Valoración: 1.000.000 de pesetas.

5. Outro no sitio de Cancela, dedicado a monte. Mide unha área e sete centiáreas. Linda: polo norte e leste, Severino Vieites; sur, Mercedes Vale e oeste, camiño. Referencia catastral, polígono 89, parcela 130.

Valoración: 65.000 pesetas.

6. Predio dedicado a monte no sitio de Braña. Mide dúas áreas e sesenta e sete centiáreas. Linda: polo norte e sur, Alfonso Tallón Parajo; leste, Manuel Liñares Chaves e oeste, terreo de varios. Referencia catastral, polígono 89, parcela 252.

Valoración: 160.000 pesetas.

Santiago de Compostela, vinte de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3901