Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.742

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (532/1995).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber, que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo baixo o número 532/1995, por instancia de Banco Gallego, S.A., representado polo procurador Caamaño Queijo, contra José Luis Estévez Fernández, nos cales se acordou sacar a pública poxa, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 3 de setembro ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 1.050.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro

día 3 de outubro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 % do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 3 de novembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos á licitación, esta cantidade calcularase na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá coonsignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0532-95, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Sétima.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Oitava.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obrigación e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Novena.-De o pedi-lo acredor, ata o último momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obrigación e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Décima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

Vehículo, marca Opel, tipo turismo, modelo Astra, matrícula C-0571-BK. 1.050.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o cinco de maio de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

4173