Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.741

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (259/1996).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber, que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 259/1996, promovidos polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., acordouse sacar a pública poxa por tres veces e polo termo de vinte días cada unha delas o seguinte predio:

Que no folio 192 do libro 153, tomo 1127, figura a inscrición primeira do predio 17.373, que copiada literalmente di así:

Urbana. Casa sinalada co número oitenta e un do lugar de Lamas de Abade, hoxe número 42 moderno da rúa da Virxe de Fátima, parroquia de Nosa Señora de Fátima do Castiñeiriño, concello de Santiago de Compostela. Composta de planta baixa e piso; ocupa a planta baixa unha superficie de cen metros cadrados e igual superficie a planta alta, cuns alpendres anexos polo seu lateral norte, dunha superficie de vintecinco metros cadrados, e outros polo seu lateral sur, dunha superficie de corenta e oito metros cadrados, e uns no fondo do predio ou vento oeste de cincuenta metros cadrados e un anaco de leira que, sumado á casa e alpendres, forma un só predio da superficie de cinco áreas e unha centiárea. Linda: norte, coa casa e leira de Jesús Suárez Vigo; sur, Daniel Giadás; leste, estrada nacional 550, hoxe rúa Virxe de Fátima e Jesús Suárez Vigo; oeste, Manuel Suárez Vigo.

A poxa terá lugar o día 5 de setembro de 1997 ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, ó prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de 21.340.000 pesetas (vinteún millóns trescentas corenta mil pesetas). De non concorreren ofertantes, sinálase para a segunda o día 1 de outubro de 1997 ás 10 horas, co tipo de taxación do 75% do tipo da primeira; de non haber ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día 4 de novembro de 1997, ás 10 horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de 21.340.000 pesetas, que é o tipo pactado na mencionada escritura; no tocante á segunda poxa o 75% desta suma, se é o caso; na terceira poxa admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, agás o acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuada a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto en secretaría, e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigacións antes expresadas e se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigacións.

6. Sen prexuízo da que se leve a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non se atopar nela, este edicto serviralle igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e horas para o remate.

Santiago de Compostela, doce de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4203