Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997 pola que se anuncia, polo trámite de urxencia, a licitación da poxa polo procedemento aberto da obra de clave AP/LU/97.3 e catro máis.

A) Obras.

1. Acondicionamento da plataforma e reposición de servicios. Travesía de Quiroga 4ª fase C-533 da Gudiña a Lalín LU-623 ramal de C-533 a Revide p.k. 0,000 ó 0,300 Quiroga.

Clave: AP/LU/97.3.

Orzamento: cincuenta millóns setecentas sesenta e nove mil trescentas dúas pesetas (50.769.302).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría c.

Garantía provisional: 1.015.386.

2. Acondicionamento da plataforma, limpeza de foxos e sinalización da AC-400 ramal de N-550 a Cerceda, treito Pedamua-Cerceda.

Clave: AP/AC/97.2.

Orzamento: vinteoito millóns cincocentas corenta e oito mil oitocentas setenta e catro pesetas (28.548.874).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Repintado de marcas viais e reposición de sinalización en varias estradas da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

Clave: SV/LU/97.02.

Orzamento: vinteseis millóns duascentas corenta e unha mil trescentas noventa pesetas (26.241.390).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Repintado da sinalización horizontal e limpeza de foxos en varias estradas da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

Clave: SV/LU/97.03.

Orzamento: vintecinco millóns duascentas corenta e cinco mil corenta e nove pesetas (25.245.049).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

5. Sinalización, balizamento, limpeza e roza de foxos e noiros C-546 Lugo a Ourense por Monforte de Lemos, CRG-22 Corredor Galego, C-533 da Gudiña a Lalín.

Clave: SV/LU/97.04.

Orzamento: vintecinco millóns cento setenta e dúas mil duascentas oitenta e sete pesetas (25.172.287).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4563