Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de carnes e derivados. (CP 119/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación dunha subministración de carnes e derivados.

Orzamento: 25.709.750 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 514.195 ptas.

-Lote 1: maza xamón e lacón (kg), cinta lomo porco (kg), touciño entrefebrado salgado (kg), touciño branco (kg), unto (kg).

Orzamento: 3.961.250 ptas.

Garantía provisional: 79.225 ptas.

-Lote 2: vitela agulla, espalda, faldra sen óso, contra (kg); ósos (kg).

Orzamento: 8.181.000 ptas.

Garantía provisional: 163.620 ptas.

-Lote 3: vitela babilla, redondo-boliche, cadeira ou croca, lonxa (kg).

Orzamento: 4.237.500 ptas.

Garantía provisional: 84.750 ptas.

-Lote 4: chourizo para cocer (kg); xamón cocido sen sal coa súa pel, curado sen óso (kg); xamón de york (kg). Friame; paleta cocida coa súa pel (kg).

Orzamento: 2.295.000 ptas.

Garantía provisional: 45.900 ptas.

-Lote 5: polo limpo (kg); peituga e zancos de polo (kg); pavo: zanco conxelado (kg).

Orzamento: 4.930.000 ptas.

Garantía provisional: 98.600 ptas.

-Lote 6: ovos frescos (ducia).

Orzamento: 1.800.000 ptas.

Garantía provisional: 36.000 ptas.

-Lote 7: coello fresco (kg).

Orzamento: 305.000 ptas.

Garantía provisional: 6.100 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: as 24 horas tódolos días excepto festivos.

II.a). Calendario de entregas parciais: a entrega dos víveres realizarase segundo anexo II adxunto ó prego de prescricións técnicas.

III. Admisión de variantes: admítese ata unha variante.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade: 20%.

3. Servicio: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo,

a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de xuño de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza

4528