Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de víveres non percedoiros. (CP 120/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación dunha subministración de víveres non perecedoiros.

Orzamento: 9.744.800 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 194.896 ptas.

-Lote 1: alcachofas enteiras, atún en aceite, champiñóns cortados, espárragos extra, chícharos reprocesados, maionesa bote 3,600 kg e 1 kg; pementos morróns, tomate triturado concentrado.

Orzamento: 2.534.000 ptas.

Garantía provisional: 50.680 ptas.

-Lote 2: macedonia de froitas, pexego de primeira, pera en xarope.

Orzamento: 448.400 ptas.

Garantía provisional: 8.968 ptas.

-Lote 3: azucre en paquete dun kg, azucre sobre de 10 gr (nº de kg).

Orzamento: 939.000 ptas.

Garantía provisional: 18.780 ptas.

-Lote 4: marmelada de albaricoque (porcións), marmelada de pexego (porcións), marmelada bote 3 kg melocotón.

Orzamento: 972.000 ptas.

Garantía provisional: 19.440 ptas.

-Lote 5: zume de laranxa 100% natural (brik 1 l), (brik de 250 cc), zume pexego 100% natural (brik de 250 cc).

Orzamento: 1.213.000 ptas.

Garantía provisional: 24.260 ptas.

-Lote 6: aceite de xirasol (envase de 25 l), aceite oliva 0'4º.

Orzamento: 1.965.000 ptas.

Garantía provisional: 39.300 ptas.

-Lote 7: galletas (envase de 25 gr).

Orzamento: 868.000 ptas.

Garantía provisional: 17.360 ptas.

-Lote 8: margarina vexetal 100% (porcións 12 g e paquete 1 kg).

Orzamento: 577.500 ptas.

Garantía provisional: 11.550 ptas.

-Lote 9: manteiga porcións de 15 gr.

Orzamento: 80.000 ptas.

Garantía provisional: 1.600 ptas.

-Lote 10: marmelo.

Orzamento: 147.900 ptas.

Garantía provisional: 2.958 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: as 24 horas tódolos días excepto festivos.

II.a). Calendario de entregas parciais: a entrega dos víveres realizarase segundo anexo II adxunto ó prego de prescricións técnicas.

III. Admisión de variantes: admítese ata unha variante.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade: 20%.

3. Servicio: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enferme

ría), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de xuño de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza

4523